ALCALDÍA

O alcalde e a conselleira de Infraestruturas supervisan as obras do Camiño na contorna da Capela de San Marcos e na baixada do Monte do Gozo

18/09/2020

Xosé Sánchez Bugallo e Ethel Vázquez, acompañados polos concelleiros José Antonio Constenla (PP), Jorge Duarte (CA) e Goretti Sanmartín (BNG), visitaron esta mañá as obras de mellora e integración paisaxística do Camiño de Santiago na contorna do Monte do Gozo, que se atopan ao 98% da súa execución, a falta só dos remates de xardinería e pintura.

Leer más

ALCALDÍA

As cidades do Eixo Atlántico reivindican o seu protagonismo na reconstrución post-COVID

17/09/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na Conferencia de Presidentes do Eixo Atlántico, celebrada en Pontevedra, onde se reivindicou unanimemente o papel determinante que as cidades e os concellos desempeñaron durante a pandemia, cubrindo cos seus propios recursos os déficits doutras administración, dende os aspectos sociais e sanitarios de maior urxencia, incluíndo os educativos, ata os aspectos culturais e de motivación da poboación para resistir o confinamento.

Leer más

MOBILIDADE

Roteiro para poñer proba a sostibilidade dos diferentes medios de transporte

17/09/2020

Co gallo da Semana Europea da Mobilidade, o concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, e representantes da sociedade civil galega percorrerán Compostela en diferentes medios de transporte. O percorrido servirá para comparar a sostibilidade do bus urbano, do coche eléctrico, do patinete eléctrico e de camiñar en termos enerxéticos, de emisións de CO2 e de aforro económico.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O Festival de poesía Alguén que respira! reunirá a máis de corenta artistas do 19 ao 21 de setembro

17/09/2020

O acontecemento da poesía que cada ano acolle o Teatro Principal de Santiago de Compostela, reunirá a máis de corenta artistas desde o 19 ao 21 de setembro, cun programa que este ano aposta por visibilizar a cultura. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou o festival en rolda de prensa xunto co director do mesmo, Antón Lopo, que coordina un equipo formado por Manuel Martínez no deseño, Baltasar Patiño na iluminación, Cecilia Carballido na produción, Iris Cochón na coordinación...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

A Real Filharmonía de Galicia presenta a nova temporada 2020-2021, na que se conmemora o seu 25º aniversario, co lema "Emocións naturais"

16/09/2020

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou esta mañá a nova temporada 2020-2021, que estará marcada pola celebración do seu 25º aniversario. Asistiron a concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón -en representación do alcalde e presidente do Consorcio da Cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo-; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; a directora técnica da RFG, Sabela García Fonte; xunto ao director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín...

Leer más

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

O concelleiro de Turismo participa no curso "Patrimonio cultural dixital: retos e oportunidades" da UIMP

16/09/2020

O concelleiro de Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte, participou esta mañá na inauguración, vía telemática, do curso "Patrimonio cultural dixital: retos e oportunidades", organizado pola UIMP (Universidade Internacional Menéndez Pelayo), coa participación, entre outras entidades, do Concello de Santiago, a Deputación da Coruña ou a USC.

Leer más
Compartir: