TURISMO
Turismo de Santiago e o Cetur promoven un curso de "Novas Tecnoloxías e Turismo para o sector local"
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, presentou no Pazo de Raxoi o curso "Novas Tecnoloxías e Turismo para o sector local", organizado por Turismo de Santiago e coordinado polo Centro de Estudos Turísticos da Universidade de Santiago (Cetur). Sindo Guinarte estivo acompañado de Diego Cidrás, do Cetur.
SEGURIDADE CIDADÁ
Comeza a funcionar o grupo da Policía Local de atención ás vítimas de violencia machista
Xa está operativo e funcionando o grupo da Policía Local de atención ás vítimas de violencia machista, o equipo VioXén; despois do Convenio asinado polo Concello e a Secretaría de Estado de Seguridade. Formado por tres axentes e coordinados por un inspector, foron instruídos polos compoñentes da UFAM (Unidade de Atención á Familia e á Muller) da Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Santiago de Compostela.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado en Xunta de Goberno o proceso de licitación dos tres novos vehículos de Protección Civil
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria e urxente, aprobou o expediente de "Subministración de diversos vehículos para Protección Civil do concello de Santiago dividos en tres lotes: LOTE I. Un vehículo todo terreo. LOTE II. Un vehículo tipo furgoneta. LOTE III. Un vehículo todo camiño".
URBANISMO
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico informa favorablemente a instalación provisional de mamparas e calefactores nas terrazas de hostalería
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, informou favorablemente, entre outros asuntos, a autorización para a instalación provisional de mamparas e calefactores nas terrazas de hostelería no ámbito do PE-1 (Plan Especial 1); a iluminación de seis fontes no parque da Alameda; a restauración das fachadas de Acibechería e de acceso á Corticela da Catedrala de Santiago, na Praza da Inmaculada; e a reforma parcial do pavillón de servizos da USC, no Campus...
ALCALDÍA
O Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía entrará a formar parte do consello asesor do Bio-polo da Sionlla
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo hoxe unha xuntanza co director do Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía (INL), Lars Montelius, con quen avanzou nas posibilidades de colaboración entre o instituto e o hub tecnolóxico da Sionlla.
CONSORCIO
A Casa do Cabido acolle a exposición "Vínculos de Compostela", 55 fotografías da cidade realizadas polo colectivo Fotoforum Compostela
A Casa do Cabido acolle a exposición "Vínculos de Compostela", unha mostra colectiva da Asociación Cultural Fotoforum Compostela. Esta mañá inaugurábaa o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo. Ao acto asistiron, ademais dalgúns dos fotógrafos e dos promotores do proxecto, Fuco Reyes e Belén Castro; a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; os voceiros dos grupos municipais do PP, Alejandro Sánchez-Brunete, e do BNG, Goretti...
ALCALDÍA
O alcalde cualifica de "profundamente preocupante" a evolución da COVID en Santiago, que se situa hoxe nos 340 casos por cen mil habitantes
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, cualificou de "profundamente preocupante" a evolución da pandemia en Santiago; cuns datos negativos que sitúan a incidencia nos 340 casos por cen mil habitantes. Representa sinalou, un incremento do 50% nas dúas últimas semanas, xa que se pasou de 177 contaxios a 233; e de 233 aos 340 rexistrados este luns; o que sitúa a Compostela, dixo, "por enriba da media de Galicia".
DEPORTES
O alcalde de Santiago felicita ao Ulla Oil Rosalía polo seu ascenso á segunda división de baloncesto feminino
Xosé Sánchez Bugallo mantivo un encontro esta tarde, acompañado pola concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, coas xogadoras e coa directiva do equipo sénior feminino do Rosalía, que logrou o ascenso á liga feminina 2.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello achega 12.000 euros á Plataforma polo Emprego para programas de promoción social e inserción laboral
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá o convenio de colaboración con Miguel Fernández Blanco, representando da entidade Plataforma polo Emprego, nun acto ao que tamén asistiu a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello de Santiago asinou este ano convenios con distintas entidades sociais por un importe superior ao medio millón de euros
Na Xunta de Goberno, reunida hoxe, as concelleiras delegadas de Políticas Sociais e de Igualdade deron conta dos convenios de colaboración asinados polo Concello de Santiago de Compostela con distintas entidades sociais e coa USC por un importe superior ao medio millón de euros. Dos asuntos tratados hoxe informou en rolda de prensa o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.