ECONOMÍA E FACENDA

Un proxecto de Tesouraría Municipal detecta máis de seis mil vivendas que non están dadas de alta no censo de recollida de lixo

22/10/2020

A concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, presentou hoxe o proxecto que está levando a cabo a Tesouraría Municipal para proceder á rectificación censual do padrón de lixo. O obxetivo é incorporar, de oficio, ao censo de recollida de lixo, todos aqueles inmobles que contan co servizo pero non están incluídos. Cotabilizáronse, en total, 6.160 vivendas que non están dadas de alta, segundo a verificación realizada polo departamento a través de distintas bases de datos; das que, calcula a...

Leer más

ALCALDÍA

Xuntanza co presidente do Consello Regulador da IXP Vacún de Galicia

22/10/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe a Jesús González Vázquez, presidente do Consello Regulador da IXP Vacún de Galicia. No encontro, no que tamén estiveron presentes a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, e Foro Hérnandez, asesor da IXP, falouse do proxecto de obra da sede da entidade, ao que xa se lle concedeu a licenza de execución o pasado mes de maio.

Leer más

COMERCIO

O comercio de Santiago dixitalízase

21/10/2020

A Asociación Comercio Punto Compostela presentou esta mañá a plataforma www.elcomerciodesantiago.com , que aglutinará as propostas dixitais da asociación. No acto participou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, así como o presidente do colectivo, José Antonio Seijas Castro, que estivo acompañado do seu homólogo na Federación Galega de Comercio, José María Seijas López.

Leer más

IGUALDADE

Mercedes Rosón asiste á entrega dos premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na docencia e na investigación, convocados pola USC

21/10/2020

A experiencia docente ‘Com A de lingüistA’, desenvolvida na materia ‘Panorámica das ideas lingüísticas’ e impartida na Facultade de Filoloxía pola profesora da USC Teresa Moure, acaba de ser recoñecida co primeiro premio na XI Edición dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na modalidade de docencia.

Leer más

IGUALDADE

Tres expertas na trata coinciden ao sinalar que España é un dos paises europeos nos que máis explotación sexual de mulleres se rexistra

21/10/2020

España é un dos países europeos onde máis explotación sexual de mulleres se rexistra. Así se puxo de manifesto no webinario "Explotación, violencia e pobreza", enmarcado no programa "Sen cómplices non hai trata", que desenvolve o concello de Santiago a través do departamento de Igualdade. No webinario, seguido por cerca de 50 persoas, participaron tres expertas en temas de trata: Mabel Lozano, escritora, presentadora e actual directora de documentais; Susana García Baquero, fiscal xefa do Xulgado de...

Leer más
Compartir: