ALCALDÍA

Nova xuntanza do Consello Económico e Social

05/11/2020

Trala súa posta en marcha, o pasado 22 de xuño de 2020, esta tarde volveuse reunir o Consello Económico e Social, neste caso para dar conta dos traballos efectuados ata o momento polo equipo coordinado polos profesores Melchor Fernández e Dolores Riveiro.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Os contos do Festival Atlántica regresan hoxe a Santiago cunha función infantil que se retransmitirá a través da rede de Centros Socioculturais

05/11/2020

Este xoves, 5 de novembro, os contos do Festival Atlántica volverán a Compostela para completar a súa oitava edición, interrompida de súpeto pola declaración do estado de alarma. Malia as restricións sanitarias vixentes, o veterano encontro de narración oral, no que colabora o concello de Santiago; ten previsto programar 24 espectáculos que se van desenvolver os días 5, 6, 7 e 13 de novembro e mais o 5 e o 6 de decembro cun formato híbrido que compaxinará as sesións presenciais coas actuacións en...

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde de Santiago espera que as novas restriccións adoptadas pola Xunta "fructifiquen", ao tempo que lle pide compensacións para os sectores máis castigados

04/11/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, nunha primeira valoración das novas restriccións adoptadas pola Xunta de Galicia para doblar a curva epidemiolóxica de contaxios por covid-19, reitera o respecto por estas medidas, "e o acatamento e a vontade de cumprir e facer cumprir as directrices que emanan do Comité Clínico".

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Comeza o plan formativo do programa de Mellora Empresarial da Economía Social, que ten como obxectivo dotar as cooperativas de servizos de apoio ante a actual crise

04/11/2020

Hoxe comezou o plan formativo do programa de Mellora Empresarial da Economía Social, que desenvolve o Concello de Santiago e Espazo coop Unión de Cooperativas Galegas, co obxectivo de dotar ás cooperativas do municipio de servizos de apoio para superar a situación de crise económica creada pola pandemia da COVID19. Esta liña formativa impártese, ata o 15 de decembro, baixo o título "Dirixir en tempos de crise". Son 40 horas lectivas, nas que participan 27 persoas.

Leer más
Compartir: