ALCALDÍA

O alcalde de Santiago participa nun webinario con rexedores de distintos continentes sobre as necesidades das cidades na era post-covid

19/11/2020

Alcaldes e alcaldesas de países de todo o mundo reuniranse a partir das 15.00 horas, por vía telemática, para participar no webinar "Rethinking the city: how mayors respond to the needs of a post-COVID city", organizado polo Global Parliament of Mayors, no que se abordará a xestión dos ámbitos cultural, educativo e de gobernanza.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde recibe os directores dos dous proxectos de investigación de Santiago premiados coas bolsas Synergy da Unión Europea

18/11/2020

Xosé Sánchez Bugallo recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi a Felipe Criado-Boado e a Diego Peña, investigadores do CSIC e da USC, respectivamente, cuxos proxectos de investigación acaban de ser seleccionados polo Consello Europeo da Investigación (ERC, nas súas siglas en inglés) para as bolsas Synergy. Na recepción tamén participou a primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Sánchez Bugallo reivindica a aposta de Santiago pola innovación e as novas tecnoloxías, dous elementos clave que definirán o futuro despois da crise sanitaria

18/11/2020

O alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, participou, vía telemática, na mesa inaugural das xornadas de industria de Maker Faire Galicia. O rexedor sinalou que o talento, a innovación, a economía circular, o medio ambiente e a dixitalización, son "elementos claves que van definir o futuro", e que marcarán o avance económico e tecnolóxico despois da crise sanitaria.

Leer más

PATRIMONIO

O Ministerio de Cultura convida o Grupo de Cidades Patrimonio a que comparta a súa experiencia na xestión do patrimonio e o turismo durante a pandemia como exemplo de traballo en rede

18/11/2020

Representantes das 15 cidades participaron onte no XIV Encontro de Xestores de Patrimonio Mundial, impulsado desde o Ministerio de Cultura, onde explicaron as novas iniciativas que se puxeron en marcha durante a pandemia para conservación do Patrimonio Mundial e a reactivación do turismo.

Leer más

PLENO

O pleno aproba o destino dos remanentes, a modificación de crédito para o Plan de Sostibilidade Turística e o inicio da modificación do PXOM para regular as vivendas turísticas

17/11/2020

No pleno extraordinario do Concello de Santiago celebrado hoxe aprobouse o expediente de crédito extraordinario para atender o pagamento de sentenzas, para a realización dunha serie de investimentos no ámbito urbano e rural, e para a concesión de axudas no ámbito da cultura, do comercio e a hostalería local, por un importe total de 9.501.325,45 euros, financiado na súa totalidade con remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello do exercicio 2019.

Leer más

URBANISMO

A Comisión asesora do Patrimonio Histórico informa favorablemente o proxecto de substitución das cubertas do Pazo de Raxoi

17/11/2020

A Comisión asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, informou favorablemente, entre outros asuntos, a rehabilitación da cuberta do Pazo de Raxoi e o cambio de sala de caldeiras de gasóleo a gas natural, no mesmo inmoble; asi como a terceira fase do despregue da fibra óptica na cidade histórica.

Leer más

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Remata a primeira fase das actividades do departamento de educación viaria da Policía local nos centros escolares

17/11/2020

O departamento de educación viaria da Policía local segue comprometido cos escolares a pesar das circunstancias especiais impostas pola pandemia. Aínda que arrancou un pouco máis tarde, o programa que busca facer dos pequenos e pequenas uns viandantes concienciados e seguros chegou, nesta primeira fase, ao alumnado de 4º de primaria de 14 centros da cidade.

Leer más

TURISMO

Primeira xuntanza entre Concello, Xunta e Goberno central para a posta en marcha do Plan de Sostibilidade Turística de Santiago

16/11/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi o secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés Verelst, e o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, co obxecto de comezar a traballar na posta en marcha de Plan de Sostibilidade Turística de Santiago. Á xuntanza tamén asistiron o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a suspensión da taxa variable da recollida de lixo para as empresas e entidade afectadas polo peche derivado das actuais restriccións anticovid

16/11/2020

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión ordinaria, aprobou a proposta para que se suspenda a taxa variable pola prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos durante o período ao que se refire a orde do 4 de novembro de 2020 (pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID19 na Comunidade Autónoma de Galicia). En concreto, afectaría a negocios, vivendas colectivas, administracións...

Leer más
Compartir: