TURISMO

O concelleiro de Turismo visita o belén de San Fiz

11/12/2020

O concelleiro de Turismo e Relacións Institucionais, Gumersindo Guinarte, visitou esta mañá o belén da igrexa de San Fiz de Solovio, acompañado polo chanceler secretario do Arcebispado de Santiago, Elisardo Temperán; a xerente do Mercado de Abastos, Marta Rey; o belenista José Uzal e os membros do Consello de Administración de Turismo de Santiago Marta Lois e José Antonio Constenla; así como a súa xerente, Flavia Ramil.

Leer más

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Os Premios Youtubeir@s entregan os galardóns dunha cuarta edición marcada pola consolidación ao duplicar a participación de vídeos e creadoras

09/12/2020

Os IV Premios Youtubeir@s xa teñen gañadoras e gañadores. Neste 2020, no que se rexistrou a máxima participación ao pasar de 240 vídeos inscritos en 2019 a un total de 536, a gala de entrega está a ser substituída -debido a situación sanitaria- pola emisión dunha serie de entrevistas con finalistas e gañadoras conducidas por Lucía Aldao e María Lado. Se a semana pasada puidemos escoitar a diferentes finalistas, nos vindeiros días emitiranse tamén por Youtube as conversas coas propostas...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno local aproba o programa municipal de conciliación de Nadal

07/12/2020

A actividade terá lugar nos CEIPS Monte dos Postes, Quiroga Palacios e Roxos-Villestro durante os días 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2020 e o 4, 5, e 7 de xaneiro de 2021 e a matrícula poderá formalizarse entre os días 8 e 14 dese mes. Foi un dos asuntos aprobados na sesión ordinaria da Xunta de Goberno local, na que tamén se deu luz verde á licenza para a fase 4 de despregamento de fibra óptica no Casco histórico, así como á adxudicación do contrato para a execución das obras do...

Leer más

DEPORTES

O Concello de Santiago asina convenios con cinco entidades deportivas por un importe de 171.000 euros

05/12/2020

O Concello de Santiago asinou esta semana cinco convenios con distintas entidades deportivas por un importe de 171.000 euros que se destinarán a subvencionar parte dos gastos derivados das competencións e das súas actividades durante o ano 2020. Os asinantes son: Club Sociedade Deportiva Compostela, Club Santiago Futsal, Club Triatlón Santiago, Club Arteal Tenis de Mesa e Club Atlétismo Santiago.

Leer más
Compartir: