URBANISMO

O goberno municipal ten previsto levar ao pleno de febreiro o texto refundido da Modificación puntual do PE-1, adaptado ás últimas sentenzas xudiciais sobre as vivendas turísticas

27/01/2021

O goberno municipal ten previsto levar ao pleno ordinario do mes de febreiro o texto refundido da Modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) para limitar os aloxamentos de carácter temporal no seu tecido residencial, introducindo os cambios motivados polas diferentes sentencias xudiciais relacionadas coas vivendas turísticas. A última delas é a sentenza 16/2021 de 19 de xaneiro ditada polo TSXG (Tribunal Superior de Xustiza de Galicia) e interposta por AVITURGA, a Asociación de...

Leer más

XUVENTUDE

Ábrese o prazo de inscrición no programa de cursos en liña do Centro Xove da Almáciga

26/01/2021

Hoxe ábrese o prazo de inscrición no programa de cursos en liña do Centro Xove, presentado esta mañá polo concelleiro de Mocidade, Rubén Prol. As dúas primeiras actividades formativas son "Laboratorio de guitarra 1" e "Iniciación á técnica vocal". Segundo explicou o concelleiro, a idea é ir incorporando novos cursos mes a mes, "co obxectivo de contar, a un ano vista, cunha formación en liña realmente ampla e variada sobre temas de interese".

Leer más

COMERCIO

Amplíase ata o 31 de xaneiro o prazo para empregar os bonos desconto da campaña "Este nadal agasalla deseño"

26/01/2021

O departamento de Comercio do Concello de Santiago de Compostela, en colaboración coa Asociación Ourives de Compostela, dada a sigularidade da Ourivaría co seu lugar destacado na historia da cidade, puxo en marcha a campaña "Este Nadal regala deseño" co obxetivo de fomentar as compras no comercio de proximidade. A iniciativa incluía unha campaña de bonos desconto por valor total de 7.000 € para trocar nos establecementos que forman parte da Asociacion de Ourives. A data para empregalos amplíase ata o 31 de xaneiro.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde confía en resolver favorablemente máis de 800 solicitudes da segunda convocatoria de axudas, presentadas en decembro por comercio, hostalería e sector cultural

25/01/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou que xa se aboaron as axudas destinadas aos sectores máis afectados polas medidas anticovid convocadas nos meses de abril e maio pasado. Sobre a segunda convocatoira, a do mes de decembro, afirmou que "a nosa intención é pagalas entre este semana e a vindeira", unha vez remate o traballo administrativo de introducir os datos nas bases informáticas. Son unhas 1.200 solicitudes, aproximadamente, das que segundo o cálculo do rexedor, se poderán atender "algo máis de...

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde anuncia que o 30 de xaneiro se presentará o proxecto de orzamentos de 2021, que supera os 120 millóns de euros

22/01/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou hoxe que está previsto que o venres, 30 de xaneiro, se faga pública a proposta de orzamentos do concello para o ano 2021. Adiantou que o proxecto de orzamentos supera os 120 millóns de euros; e que unha vez incorporados os remanentes e o superavit do ano 2020 acadaría, aproximadamente, os 130 millóns de euros.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local acorda solicitar a subvención dun millón de euros á Deputación da Coruña que se destinará a novas axudas aos sectores afectados pola crise da COVID

21/01/2021

A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, aprobou o plan "Eixos 2 (comercio local) e 4 (promoción económica) do Plan de Reactivación Económica do Concello de Santiago", que será obxecto dun convenio a formalizar no seu momento entre o Concello e a Deputación da Coruña.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde de Santiago recibe unha representación da asociación Executivas de Galicia

21/01/2021

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, reuniuse hoxe coa presidenta da asociación Executivas de Galicia, Carla Reyes, e coa vicepresidenta da entidade, Lidia Enrich. Presentáronlle ao rexedor distintos proxectos, entre eles un obradoiro de emprego feminino que ten como obxectivo impulsar a mellora de empregabilidade das mulleres.

Leer más

ORZAMENTOS

Aprobada a conta xeral de 2019

20/01/2021

O pleno do concello de Santiago aprobou, na sesión extraordinaria celebrada hoxe, a conta xeral do ano 2019 cos votos a favor do grupo municipal socialista e a abstención de PP, Compostela Aberta e BNG.

Leer más
Compartir: