TURISMO

Mérida acollerá a presentación da "Estratexia Turística post COVID" do Grupo de Cidades Patrimonio coa presenza da ministra Reyes Maroto

08/03/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe, na Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, da que forma parte Compostela. A reunión presidiuna o rexedor de Mérida. Antonio Rodríguez Osuna confirmou que a ministra de Turismo, Reyes Maroto, visitará a capital extremeña o vindeiro xoves 18 de marzo para presentar os resultados do Estudo de Estratexia post COVID nas Cidades Patrimonio da Humanidade. O obxectivo deste plan estratéxico, financiado pola Secretaría de...

Leer más

CIDADES PATRIMONIO

O Grupo de Cidades Patrimonio organizará dous foros internacionais sobre cultura, turismo e xestión do patrimonio

05/03/2021

A Comisión de Patrimonio do Grupo, presidida polo alcalde de Salamanca, Carlos García Carbayo, e na que participou a concelleira de Urbanismo de Santiago, Mercedes Rosón, impulsa a axenda de grandes eventos para 2021 cun foro de Cultura Segura na primavera en Alcalá de Henares e un cumio hispano-luso no outono en Mérida, así como cun conxunto de accións que reforzan a identidade corporativa común das 15 cidades españolas co selo Unesco.

Leer más

SMARTIAGO

Hoxe comeza o prazo para participar no concurso de fotografía "Compostela, onde a luz é arte", enmarcado no proxecto Cromalux de Smartiago

05/03/2021

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, presentou hoxe, acompañado do director de Televés, Sebastián Pantoja, o concurso de fotografía "Compostela, onde a luz é arte". Enmarcado no proxecto Cromalux, unha das tres liñas de actuación de Smartiago, premiará as tres mellores imaxes de edificios iluminados de alto valor patrimonial de Santiago de Compostela.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Unha bufanda vermella para Valle-Inclán

05/03/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu este venres no paseo dos Leóns da Alameda ao acto de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María del Valle-Inclán, organizado pola Fundación Granell, en colaboración co Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal. Tamén asistiron a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; a edila de Medio Ambiente, Mila Castro; o concelleiro de Educación, Rubén Prol; a voceira do grupo municipal do BNG, Goretti...

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde asina na Deputación o convenio polo que a institución provincial achega un millón de euros ao Concello para axudas aos sectores afectados pola covid

04/03/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá na Coruña o convenio de colaboración en virtude do cal a Deputación sumará un millón de euros á terceira convocatoria de axudas do Plan de reactivación económica destinado polo Concello a paliar os efectos negativos que a pandemia está a provocar en determinados sectores. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, tamén asinou sendos convenios cos rexedores da Coruña e de Ferrol.

Leer más
Compartir: