ALCALDÍA

Xuntanza con Cáritas Diocesana

23/03/2021

No marco dos encontros coas distintas entidades de servizos sociais que operan na cidade, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, mantiveron hoxe una xuntanza co presidente de Cáritas Diocesana, José Anuncio Mouriño.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

Aberto ata o 13 de abril o prazo para solicitar as axudas para o servizo de taxi por parte das persoas con dificultades de mobilidade

23/03/2021

A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, presentou esta mañá en rolda de prensa as bases da convocatoria para o uso do servizo de taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo para o ano 2021, axudas que contan cun orzamento global de 15.000 euros. Estivo acompañada polo técnico do departamento encargado da xestión das axudas Javier Maroño, e pola xefa de sección de Servizos Sociais, Eva González.

Leer más

URBANISMO

O alcalde confirma que a Xunta acaba de seleccionar a parcela da rúa de Londres para construir a sede do Imelga

22/03/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acaba de confirmar, xusto despois da xuntanza mantida cunha representación da plataforma veciñal en defensa do parque Begoña Caamaño, que a parcela na que se construirá a sede do Imelga é a situada na rúa de Londres, ao lado da rotonda. O concello puxera a disposición da Xunta tres terreos de titularidade municipal: un a carón do parque, outro na rúa de Berlín, e o da rúa de Londres.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de goberno local aproba a convalidación da solicitude de subvención para o obradoiro de emprego "Santiago sustentable III"

22/03/2021

A Xunta de goberno Local, reunida en sesión ordinaria, acordou convalidar a solicitude de subvención para o proxecto de obradoiro de emprego "Santiago sustentable III", formulada ao abeiro da "Convocatoria das axudas e subvencións para os programas de emprego dirixidos a persoas mozas incluídas no ficheiro de garantía xuvenil". Tamén se deu luz verde ao compromiso de gasto correspondente ao concello, que ascende a 32.570,04 euros divididos en dúas anualidades: 10.000 euros en 2021 e 22.570,04 en 2022.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL E TURISMO

Santiago acolle esta semana unhas xornadas arredor dos arquivos sonoros e a tradición contemporánea

22/03/2021

Esta mañá presentouse no Concello de Santiago o programa das xornadas "O QUE NON SE ESCRIBE. ARQUIVOS SONOROS E CREACIÓN CONTEMPORÁNEA", que propón entre o mércores e o sábado desta semana distintas actividades de aprendizaxe e experimentación sobre o noso patrimonio sonoro. Na presentación participaron Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural; Sindo Guinarte, concelleiro de Turismo; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; e Aitana Cuétara,...

Leer más

TURISMO

Turismo de Santiago promociona a cidade no mercado neerlandés

22/03/2021

Turismo de Santiago participa nunha acción de promoción específica para o mercado neerlandés organizada pola Oficina Española de Turismo da Haia e o Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade. A acción consiste en dúas xornadas por Internet con público especializado.

Leer más

DEPORTES

A V Gala do Deporte celebra os éxitos dos e das deportistas de Compostela

22/03/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu a V Gala do Deporte de Santiago "Premios Santiago Deporte 2020", celebrada no Auditorio de Galicia. Na mesma entregáronse 12 premios en distintas categorías co obxectivo pór en valor o deporte feito en Compostela.A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, e os membros do comité avaliador tamén asistiron á gala, que se retransmitiu vía streaming a través da canle de YouTube do Concello para cumprir co aforo sinalado polas medidas anticovid vixentes.

Leer más

EMPREGO

Recta final da campaña "Cambia o mood: activa o modo bosque", que xa supera as 2000 fotos subidas nas redes

20/03/2021

A campaña "Cambia o mood: activa o modo bosque" impulsada pola área de Emprego do concello de Santiago con motivo do Día Internacional dos Bosques que se celebra o domingo, 21 de marzo, xa superou as 2.000 fotos etiquetadas en redes co cancelo #1foto1arbore desde que se activou, hai algo máis dunha semana. Está previsto que por cada foto recibida o concello plante unha árbore, co obxectivo de repoboar con especies autóctonas, como carballos ou bidueiros, os montes de Compostela. Os traballos de plantación xa comezaron. A...

Leer más

ALCALDÍA

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, entre os que se atopa Santiago, lanza un ambicioso plan para manter o seu liderado en turismo cultural e patrimonial

18/03/2021

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España presentou hoxe en Mérida o Plan Estratéxico para a reactivación do turismo cultural e patrimonial, nun acto ao que asistiu o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, membro da Comisión Executiva, e que tamén contou coa presenza da Ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto. Asistiron, ademais, o presidente da Xunta de Estremadura, Guillermo Fernández Vara e o presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade e alcalde de Mérida, Antonio...

Leer más
Compartir: