IGUALDADE

Reactívase Territorio das Mulleres e póñense en marcha dous programas educativos sobre igualdade

04/05/2021

A concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, presentou hoxe a reactivación do proxecto Territorio das Mulleres, o paraugas institucional baixo o que se desenvolverán, durante os próximos 14 meses, campañas, programas, festas e obradoiros en espazos abertos. Este programa é un dos tres piares sobre o que se asentan as políticas de igualdade do Concello de Santiago.

Leer más

EDUCACIÓN

OBRADOIROS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DE CONXO, AS FONTIÑAS E MEIXONFRÍO-SALGUEIRIÑOS

04/05/2021

Os obradoiros teñen como obxectivo axudar ás familias a conciliar a vida familiar, laboral e persoal nos períodos extraescolares. Así as escolas infantís municipais convértense nun lugar de encontro para nenos/as do segundo ciclo de Educación Infantil e Primeiro ciclo de Primaria cunha proposta diferente e lúdica, rompendo coa rutina do curso escolar e ofertando unha serie de actividades ós máis pequenos/as que permitan ás súas familias seguir cumprindo cos compromisos laborais.

Leer más

EDUCACIÓN

Os obradoiros de verán das escolas infantís municipais ofertan 45 prazas de conciliación para nenos e nenas de 3 a 8 anos

04/05/2021

O concelleiro de Educación e Mocidade, Rubén Prol, presentou hoxe os "Obradoiros de verán" das Escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, que ofertan un total de 45 prazas, 15 por centro. Están dirixidos a nenos e nenas empadroadas en Santiago, ou que cursen os seus estudos en centros de educación infantil e primaria desta cidade, con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos, é dicir, segundo ciclo de educación infantil e primeiro e segundo de educación primaria.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

MAÑÁS DE VERÁN E DE XOGO

04/05/2021

A Rede de Centros Socioculturais do concello de Santiago ofrece nas mañás do mes de xullo un conxunto de actividades de lecer, socioculturais e recreativas que forman parte do programa Vive o verán. Están destinadas a nenos e nenas de Santiago e desenvolveranse en diversos centros da cidade e tamén en centros das parroquias do rural.

PRAZO DE PREINSCRICIÓN: do 4 ao 22 de maio nos centros socioculturais, en horario de 10 a 14h e 17 a 21h ou enviando
a ficha de preinscrición cuberta ao correo electrónico:

Leer más

ALCALDÍA

Recepción ao embaixador de Suíza

04/05/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi o embaixador de Suíza en España, Hanspeter Mock, que asinou no Libro de Ouro do Concello.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno local aproba a adxudicación das obras de acondicionamento do campo da festa do Castiñeiriño para usos polivalentes

03/05/2021

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe adxudicación das obras incluidas no proxecto "Execución das obras de acondicionamento do campo da festa do Castiñeiriño para usos polivalentes", a favor da empresa "Balance. Obras y Servicios SL.", por un importe de 335.474,56 euros, IVE engadido. Segundo explico o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, esta actuación está incluída no remanente de 2019. O prazo de execución é de cinco meses.

Leer más
Compartir: