ACCIÓN CULTURAL

Preséntase o caderno divulgativo "A Compostela de Emilia Pardo Bazán", do que se editaron 10.000 exemplares

17/06/2021

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; acompañada da investigadora e especialista en historia e patrimonio, Mercedes Vázquez Bertomeu; presentou o caderno "A Compostela de Emilia Pardo Bazán". A publicación describe como era Santiago na segunda metade do século XIX, e a transformación experimentada, de cidade de poder eclesiástico a capital universitaria; no que é un traballo de investigación rigoroso, cun formato divulgativo, no que destaca o deseño e contido.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello de Santiago visibiliza a situación das persoas refuxiadas cunha exposición na Alameda

17/06/2021

A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, presentou hoxe en rolda de prensa os actos que vai desenvolver o Concello, a través da Unidade de Atención ás Migracións (UAMI), en colaboración coa Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas, para conmemorar o Día Mundial das Persoas Refuxiadas, que se celebra o domingo 20 de xuño. Estivo acompañada por Macamen Díaz e Teresa de Vallejo, representantes da Rede.

Leer más

ALCALDÍA

O Consello asesor de Condecoracións propón designar fillo adoptivo da cidade a Ubaldo Rueda e dedicarlle unha rúa a José Carro

16/06/2021

O Consello asesor de Condecoracións, presidido polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acordou hoxe a proposta de nomeamento de Ubaldo Rueda como fillo adoptivo de Santiago, así como dedicarlle unha rúa ao profesor José Carro Otero, recentemente falecido. Á xuntanza tamén asistiron o concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte; o concelleiro do grupo municipal popular José Antonio Constenla; a voceira de Compostela Aberta, Marta Lois; a concelleira do BNG, Navia Rivas; e o...

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A rede de Centros Socioculturais organiza 225 actividades con máis de 2.000 prazas a través do programa "Vive o verán 2021"

15/06/2021

A rede de Centros Socioculturais organiza en xuño, xullo e setembro, 225 actividades no marco do programa Vive o Veran 2021, con máis de 2.000 prazas. Destinadas a familias, cativada e adultos, desenvolveranse nos CSC urbanos e do rural. O prazo de presentación de solicitudes comeza o xoves, día 17 de xuño. Entre as novidades desta edición destacan os xogos no Paseo da Ferradura da Alameda de Santiago, as xornadas sobre apicultura, os paseos para coñecer a historia dos barrios, ou o xogo virtual "Do bosque ao banquete".

Leer más

EDUCACIÓN

Acto de recoñecemento ao alumnado de Santiago que ocupou postos destacados nas diferentes olimpiadas deste curso escolar

15/06/2021

O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá os alumnos e alumnas que durante este curso escolar obtiveron algún posto destacado nas olimpiadas das distintas materias. Foron recibidos polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; polo concelleiro de Educación, Rubén Prol; e polos concelleiros José Antonio Constenla (PP), Branca Novoneyra (CA) e Navia Rivas (BNG).

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

A novena edición do Festival Atlántica, no que colabora o concello de Santiago, fai de Galicia a sede do encontro de narración oral máis importante da Península Ibérica

15/06/2021

O Festival Atlántica vén de anunciar este martes, 15 de xuño, o programa da súa novena edición, que se vai celebrar entre os días 1 e 11 de xullo. Unha trintena de artistas actuarán nas 82 funcións previstas, que se deslocalizarán en 40 sedes repartidas en 27 municipios das catro provincias galegas. En Santiago de Compostela, segundo destacou a concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, "hai programadas, do 1 ao 10 de xullo, un total de 22 actividades, entre contos tradicionais galegos, romances, cancións,...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a licitación de dous programas de investigación e desenvolvento sobre mobilidade do proxecto Smartiago

15/06/2021

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou hoxe dous expedientes de contratación no marco do proxecto Smartiago. Os dous están relacionados con servizos de investigación e desenvolvemento: o primeiro con algoritmos avanzados de mobilidade, e o segundo con vehículos eléctricos autónomos modulares.

Leer más
Compartir: