ACCIÓN CULTURAL
Poesía popular e ópera de vangarda para un luns de solsticio no ‘Alguén que respira!’
Todo está listo para que a poesía sexa a protagonista en Compostela do solsticio de verán, cun programa que reúne a proposta popular da regueifa e a ópera vangardista Salt itinerary de Miguel Azguime. Estamos ante o festival Alguén que respira!, que celebra este luns 21 de xuño a súa segunda xornada, dentro dun programa deslizante ao longo do ano vinculado a equinoccios e solsticios. Os próximos encontros serán o 21 de setembro e o 21 de decembro.
POLITICAS SOCIAIS
O goberno municipal condena e rexeita o ataque contra a exposición instalada na Alameda con motivo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas
O Concello de Santiago de Compostela condena e rexeita o ataque contra a exposición promovida con motivo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas, que se celebra hoxe, instalada na Alameda. Unha mostra organizada pola concellaría de Políticas Sociais, que dirixe Mila Castro, a través da Unidade de Atención ás Migracións (UAMI), en colaboración coa Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas. Onte, apareceron tres paneis destrozados, e esta mañá outros catro.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O Consello de Administración de TUSSA aproba o proceso de contratación do servizo de cafetería da nova estación de autobuses
O Consello de administración da Sociedade municipal TUSSA aprobou, entre outros puntos, o procedemento aberto e de tramitación urxente do servizo de seguridade da nova estación de autobuses e da pasarela de acceso á mesma. Tamén deu luz verde ao proceso para a contratación da concesión do servizo para a xestión e explotación da cafetería da citada estación. Este contrato conleva a posta en marcha da cafetería, a instalación de máquinas expendedoras de bebidas frías e quentes e produtos...
MEDIO AMBIENTE
O Concello lembra á veciñanza a obrigatoriedade da limpeza dos predios para evitar o risco de incendio preto das vivendas
O Concello de Santiago vén de publicar, a través dun bando do alcalde, un requirimento xeral de limpeza da maleza nos terreos en solo urbano e núcleo rural, no que se lembra á veciñanza a súa obriga de manter limpos os predios para evitar incendios forestais.
ALCALDÍA
Adif presenta en Santiago o proxecto da nova estación de tren
O salón nobre do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá o acto formal de presentación do proxecto da nova estación ferroviaria, que culminará o ámbito da Intermodal. No acto estiveron presentes, ademais do alcalde, a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera; a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez; e o arquitecto autor do proxecto Juan Herreros.
COMERCIO
Novas actividades de dinamización comercial para esta fin de semana
Dado o éxito acadado polos eventos de dinamización de rúa durante a festa do comercio local Prima21 os pasados 3,4 e 5 de xuño, desde o departamento de Comercio apóstase por continuar coa programación lúdico-cultural para todos os públicos durante todas as fins de semana do mes de xuño.
PATRIMONIO
A familia Baltar cede un piano de cola J. Bach ao Concello de Santiago
O acto de sinatura da cesión tivo lugar esta mañá no Pazo de Raxoi, nun acto no que estiveron presentes o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón; e Javier Baltar, en representación da familia.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello renovará a cesión da antiga escola unitaria de San Marcos á Asociación de Persoas Sordas de Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polas concelleiras de Urbanismo, Mercedes Rosón; e de Políticas Sociais, Mila Castro, visitou a antiga escola unitaria de San Marcos, cedida á Asociación de Persoas Sordas de Santiago de Compostela (APSSC) para a realización de distintas actividades; e da que agora se vai renovar esa cesión por outros catro anos.
COMERCIO
Publicación de listaxes de solicitudes recibidas e requirimentos de subsanación da convocatoria de axudas para o rescate do comercio local
Hoxe, día 18 de xuño de 2021, publícase a listaxe de solicitudes recibidas e requirimentos de emenda e achega de documentación da "CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O RESCATE DO COMERCIO LOCAL AFECTADO POLA CRISE DA COVID-19. ANUALIDADE 2021", dentro do PRESS, o Plan de Reactivación Económica e Social de Santiago.
EMPREGO
Santiago lanza unha app de ‘realidade aumentada’ para xogar e visitar a "Senda Mitolóxica do Monte Viso"
Esta aplicación, "O Misterio do Monte Viso", cuxo desenvolvemento se realizou con medios exclusivamente municipais a través do Obradoiro de Emprego Santiago Sustentable II, proporciona información in situ a través do teléfono e ofrece contidos multimedia dunha zona moi visitada, sobre todo durante as fins de semana, por familias e persoas chegadas de toda a comarca. Para os nenos e nenas que suban este sábado ao Monte Viso haberá premio: unha camiseta con realidade aumentada do Rei Breogán.