EDUCACIÓN
Este verán realizaranse actuacións de reparación, reforma, conservación e mantemento en 23 centros educativos da cidade por un importe de case 300.000 euros
O concelleiro de Educación, Rubén Prol; e o concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, deron conta das distintas actuacións que se realizarán este verán nas escola infantís, colexios públicos e outros espazos, como a ludoteca María Miramontes. Son en total, 53 actuacións que se levarán a cabo en 23 dos 25 centros educativos que dependen do concello de Santiago, ás que se destinarán case 300.000 euros.
ACCIÓN CULTURAL
Fega Teatro achegará o teatro amador á veciñanza de Santiago, con dez funcións en distintos Centros Socioculturais
O Concello de Santiago, a través da concellaría de Acción Cultural e da de Centros Socioculturais ten previsto programar coa Federación Galega de Teatro Afeccionado, FEGATEA, varias actividades entre as que destaca o ciclo de teatro "Fega Teatro", con dez funcións con diferentes compañías de teatro amador en distintos Centros Socioculturais da rede municipal.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobados os convenios de colaboración e as subvencións para oito entidades, a maioría de carácter social, por un total de 146.500 euros
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria e urxente, aprobou os textos dos convenios de colaboración con oito entidades, así como as contías das subvencións, que ascenden, en total, a 146.500 euros. Estas axudas estarán destinadas a financiar as distintas actividades que desenvolven estes organismos e asociacións, sete delas de carácter social.
EIXO ATLÁNTICO
O Eixo Atlántico recolle nun informe as necesidades para a modernización ferroviaria de Galicia e cifra o custo en tres mil millóns de euros en dez anos
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola alcaldesa de Lugo e vicepresidenta do Eixo, Lara Méndez; polo secretario xeral da entidade interrexional, Xoán Vázquez Mao; e polo presidente do Consello Económico e Social, Agustín Hernández, deu conta en rolda de prensa do "Mapa ferroviario de Galicia", documento no que se recollen as actuacións propostas polo Eixo Atlántico para a modernización da rede ferroviaria galega de vía ancha.
MEDIO RURAL
Aberto o prazo de presentación de ofertas no proceso de licitación de distintas obras de saneamento e abastecemento en Aríns, Laraño e Bando
Ata o 27 de xullo está aberto o prazo de presentación de ofertas no proceso de licitación das obras de ampliación das redes de abastecemento e saneamento nas parroquias de Aríns, Laraño e Bando, promovidas pola Concellería de Medio Rural, que dirixe José Manuel Pichel, en coordinación coa Deputación Provincial da Coruña dentro do Plan Único de Concellos (POS+).
ACCIÓN CULTURAL
Os narradores Avelino González e Pep Bruno xa peregrinan con ‘Contos no camiño’
O Festival Atlántica achégase ao ecuador da súa programación co inicio dunha actividade concibida ex profeso para este ano xacobeo: ‘Contos no camiño’. Nesta iniciativa dous narradores, Avelino González e Pep Bruno, van realizar o camiño de Santiago seguindo o itinerario portugués e francés, respectivamente. Ao longo das súas andainas, ambos os dous realizarán funcións de contos programadas e espontáneas e tamén compartirán as súas experiencias a través das súas redes...
FACENDA
Desde hoxe pódense autoliquidar varias taxas a través da Sede Electrónica do Concello de Santiago
A partir de hoxe, 6 de xullo, aquelas persoas interesadas que o precisen, poderán autoliquidar distintos tipos de ingresos a través da Sede Electrónica do concello de Santiago, no marco do proceso de dixitalización que está levando a cabo o departamento de Modernización da Administración Local, dirixido por Marta Abal
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local concede a licencia para construir 24 vivendas de promoción pública e aproba as bases das axudas ás asociacións veciñais
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extradordinaria e urxente, acordou conceder ao Instituto Galego de Vivenda e Solo, o IGVS, licenza para a construción dun edificio de 24 vivendas de promoción pública, garaxes e trasteiros no SUNP-13, Parcela 4B2, na Rúa Castiñeiriño, nº 81, cun orzamento de execución material de 2.717.231,53 euros.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicado o contrato do servizo de mantemento e conservación do parque de Salgueiriños, reservado a centros especiais de emprego
A Xunta de Goberno local adxudicou hoxe, por tres anos, o contrato de "Servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e do arboredo do parque de Salgueiriños do Concello de Santiago de Compostela, reservado a centros especiais de emprego", a favor da empresa Coregal Parques e Xardíns, por un importe de 370.260 euros.
EIXO ATLÁNTICO
A comisión executiva do Eixo Atlántico remarca a necesidade de reforzar e incrementar a participación dos concellos na xestión dos fondos post covid
Esta mañá, en Viana do Castelo tivo lugar unha Comisión Executiva extraordinaria do Eixo Atlántico na que participaron por primeira vez os presidentes das Comisións Políticas creadas en virtude das conclusións da Conferencia de Alcaldes de Pontevedra así coma os expertos de alto nivel de cada comisión. Na sesión participou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.