CENTROS SOCIOCULTURAIS

A rede de Centros Socioculturais programa unha simultánea de xadrez para conmemorar o día mundial deste deporte que se celebra mañá

19/07/2021

Con motivo do "Día mundial do xadrez, a rede de Centros Socioculturais programou para mañá e pasado, dúas actividades relacionadas con esta disciplina. O día 20 de xullo desenvolverase unha sesión de simultáneas para a cativada de 5 a 16 anos; na que estará presente Fernando Sánchez Aller, catro veces campión absoluto galego deste deporte. A cita, que terá lugar na Carballeira do Banquete de Conxo, comezará ás 11:00 h.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde explica á Comisión Mixta do Peleteiro as propostas urbanísticas que irán ao pleno do día 29 para a Declaración Ambiental Estratéxica

16/07/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, expuxeron, ante a "Comisión mixta para o desenvolvemento urbanístico da parcela do antigo colexio Peleteiro", as tres alternativas de modificación puntual do PXOM no ámbito do PERI-12 (antigo colexio Manuel Peleteiro). Estas tres propostas, xunto a outra, que están últimando os técnicos muncipais, son as que se "que se van levar para a Declaración Ambiental Estratéxica, ao pleno do videiro día...

Leer más

SEGURIDADE CIDADÁ

"Protexemos o Camiño: Ano Xubilar 2021-2022", o novo dispositivo da Policía Nacional para o Camiño de Santiago

16/07/2021

O director xeral da Policía, Francisco Pardo Piqueras, presentou esta mañá no Pazo de Raxoi o programa "Protexemos o Camiño: Ano Xubilar 2021-2022", o dispositivo de seguridade da Policía Nacional para garantir a seguridade dos peregrinos e dos turistas que percorren as diferentes etapas do Camiño de Santiago. O acto contou coa presenza do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; o concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños; e o director xeral de...

Leer más

FESTAS

As festas do Apóstolo volven poñer en valor o Traxe Galego

15/07/2021

O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, acompañado pola presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Astray, e pola vicepresidenta da entidade, Rosa López, presentou unha nova edición do Día do Traxe Galego, unha desas citas que xa vai unida dende hai décadas ás festas do Apóstolo. De feito, esta é xa a edición número 42 deste Día do Traxe, que se celebrará o martes 27 de xullo.

Leer más
Compartir: