TURISMO
Publicación das listaxes provisionais relativas ás axudas para o rescate da restauración e hospedaxe
Hoxe, día 23 de xullo de 2021, publícase a resolución do concelleiro de Turismo relativa á publicación das listaxes provisionais de persoas propostas para a aprobación definitiva da axuda, persoas ás que se lle require subsanar documentación e se lles abre período de requirimento e persoas propostas para o reintegro/devolución da axuda percibida ás que se lle require que acheguen a documentación ou presenten alegacións relativa á fase de xustificación da convocatoria extraordinaria de...
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago dirixirá a redacción do Plan Director da Alameda e do Plan Especial de Conxo
Esta tarde reuniuse a súa Comisión Executiva e Consello de Administración para avanzar na reunión do Real Padroado deste domingo.
RELACIÓNS VECIÑAIS
Ábrese o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións para programas e actividades realizadas polas asociacións veciñais
Hoxe ábrese o prazo de presentación de solicitudes á "Convocatoria de subvencións a asociacións veciñais sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2021"; despois da súa publicación, onte, no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Estas axudas contan cun orzamento de 100.000 euros.
FESTAS
Santiago encherase de luz e cor cos Fogos do Apóstolo do día 31 e os do día 24, que se lanzarán desde cinco localizacións distintas
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou hoxe o espectáculo pirotécnico das Festas do Apóstolo do 24 e do 31 de xullo; xunto a Juan Manuel Humanes, director de espectáculos de RICASA, empresa adxudicataria do contrato. Por segundo ano consecutivo os fogos do 24 dispararanse, de xeito sincronizado, desde cinco localizacións, o que, explicou Muíños, evitará aglomeracións e facilitará o visionado do mesmo desde prácticamente todos os puntos de Santiago. Con elo facilitarase o cumprimento das...
TURISMO
TIME escolle a Santiago entre os 100 mellores lugares do mundo para visitar no 2021
Santiago de Compostela é un dos destinos turísticos incluídos na The World´s Greatest Places of 2021, unha selección dos 100 lugares máis destacados de todo o mundo para visitar e explorar neste ano elaborada por TIME, unha das publicacións máis lidas e prestixiosas do mundo.
FESTAS
Cantigas e Agarimos dá o pistoletazo de saída ás Festas do Apóstolo 2021 cun pregón cargado de historia e lembranzas
A Asociación Folclórica Cantigas e Agarimos foi a encargada de dar o pistoletazo de saída ás Festa do Apóstolo de 2021 cun sentido pregón no que repasaron os seus cen anos de historia.
IGUALDADE
Santiago de Compostela, cidade segura e libre de violencias sexuais
Durante as Festas do Apóstolo estará dispoñible o Punto Lila no Parque da Alameda e no Parque de Galeras. Os concelleiros de Igualdade, Mercedes Rosón; de Festas, Gonzalo Muíños; e de Turismo, Sindo Guinarte, achegáronse ata o espazo situado na Alameda.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica o contrato de execución das obras de rehabilitación da Finca do Espiño por 1.425.000 euros
A Xunta de Goberno Local adxudicou hoxe o contrato denominado "Execución das obras de rehabilitación do palacete da finca do Espiño para equipamento municipal cultural e administrativo. Operación incluída na Estratexía de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado- EDUSI" a favor da empresa BAUEN EMPRESA CONSTRUCTORA SAU"; favor da empresa "Bauen Empresa Constructora SAU", por un importe de 1.425.922,9 euros.
ACCIÓN CULTURAL
O Delas Fest pecha a súa terceira edición en Santiago
A artista visual Lily Brick realizará unha intervención en Pontepedriña e a muralista Iria Prol impartirá un obradoiro de introdución ao muralismo no Complexo Deportivo de Santa Isabel durante a última semana da programación do festival feminista de arte urbana e contextual, que foi presentado hoxe en rolda de prensa pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; pola concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; pola comisaria do Festival, Clara Cordeiro; e pola artista Lili Brick.
XUNTA DE GOBERNO
Apróbanse as bases das axudas para promoción e dinamización comercial, destinadas ás asociacións de comerciantes
A xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases reguladoras da convocatoria de axudas para actividades de promoción e dinamización comercial, que contan cun orzamento de 75.000 euros. Dos acordos adoptados informou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa.