DEPORTES

Entrada libre para o V Memorial Antonio Bermúdez ata 1.000 persoas

26/07/2021

A SD Compostela e o Club Deportivo Lugo disputarán este mércores 28 de xullo, ás 19.00 horas, o V Memorial Antonio Bermúdez no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. A quinta edición do trofeo que se realiza en memoria do gran xornalista santiagués, organizado dentro das Festas do Apóstolo, terá o acceso libre ata un máximo de 1.000 espectadores.

Leer más

FESTAS

A música tradicional protagoniza o último día das Festas do Apóstolo da man do TradFest

26/07/2021

O vindeiro sábado 31 xullo, dentro das Festas do Apóstolo, celebrarase un ano máis o TradFest Compostela, unha celebración da música popular actual con máis de 20 concertos, feira de artesanía, ruadas e actividades no parque e igrexa de San Domingos de Bonaval e en Belvís que completan os concertos na zona vella para pór o peche ás festas na cidade. Presentaron o evento en rolda de prensa o concelleiro Gonzalo Muiños; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; Víctor Belho, en representación das produtoras...

Leer más

FESTAS

Un espectáculo de luz, maxia e cor inundou o ceo de Compostela

24/07/2021

A cidadanía de Compostela puido gozar, esta noite, cos fogos do Apóstolo, botados sincronizadamente desde cinco puntos da cidade, co obxectivo de evitar aglomeracións e facilitar o visionado dun espectáculo de luz e cor no que se utilizaron máis de 4.500 quilos de explosivo.

Leer más

TURISMO

Publicación das listaxes provisionais relativas ás axudas para o rescate da restauración e hospedaxe

23/07/2021

Hoxe, día 23 de xullo de 2021, publícase a resolución do concelleiro de Turismo relativa á publicación das listaxes provisionais de persoas propostas para a aprobación definitiva da axuda, persoas ás que se lle require subsanar documentación e se lles abre período de requirimento e persoas propostas para o reintegro/devolución da axuda percibida ás que se lle require que acheguen a documentación ou presenten alegacións relativa á fase de xustificación da convocatoria extraordinaria de...

Leer más
Compartir: