ACCIÓN CULTURAL

Teatro, danza e circo en ‘Viva a escena!’ de Compostela Cultura, que ofrece a estrea en Galicia de ‘N.E.V.E.R.M.O.R.E’, o último espectáculo de Chévere

03/09/2021

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou esta mañá no Auditorio de Galicia a programación de ‘Viva a escena!’, o programa de Artes Escénicas de Compostela Cultura, para os últimos meses do ano. Serán un total de 6 espectáculos de teatro, danza e circo que se celebrarán nos meses de outubro e novembro no Auditorio de Galicia e no Teatro Principal; todos ás 20.30 h, agás os familiares que son ás 18.30 h. Entre eles, destaca a estrea en Galicia de ‘N.E.V.E.R.M.O.R.E.’, o último...

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

A Oficina de Promoción Económica lanza un ciclo formativo online centrado nas necesidades da economía COVID dirixido á hostalería, comercio e empresas culturais

02/09/2021

O programa, que forma parte do Plan de Reactivación Económica e Social PRESS do Concello de Santiago, foi presentado esta mañá polo alcalde, polas técnicas de proxectos da empresa Implictum, Raquel Piñeiro e Tania Aira, encargadas do seu desenvolvemento, e pola técnica do departamento de Promoción Económica, Carme Casado.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A rede de centros socioculturais oferta máis de 2500 prazas nas actividades para o curso 2021-2022

02/09/2021

O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, deu conta hoxe en rolda de prensa da programación dos centros socioculturais para a temporada 2021-2022, así como das actividades específicas doutros espazos dos centros como a Biblioteca José Saramago e as Aulas de Xogo, sen esquecer a Semana Cultural de Conxo. Un repaso polas preto de 2500 prazas ofertadas do programa de actividades, cuxo prazo de preinscrición estará aberto do 7 ao 17 de setembro.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

A SELIC sae á rúa para debater sobre as múltiples forma de lectura na post-pandemia

01/09/2021

A Semana do Libro de Compostela celebrará a súa quinta edición do 10 ao 19 de setembro. Coas restricións precisas pola pandemia, a SELIC regresa coa intención de atender os cambios permanentes na sociedade e na cultura, e coa vontade de abrir unha liña de pensamento sobre o mesmo acto de ler. Haberá un espazo con casetas de librarías e editoriais na rúa, no que decorrerán a maioría das actividades deste ano. O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes...

Leer más

ALCALDÍA

O Concello súmase á petición da Confederación de Empresarios da Coruña para que o Camiño Inglés sexa declarado Patrimonio da Unesco

01/09/2021

O Concello de Santiago, a través do seu alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, deu o seu apoio á petición da Confederación de Empresarios da Coruña para que o Camiño Inglés sexa declarado Patrimonio Mundial da Unesco, proposta impulsada por acordo dos órganos directivos da CEC. Foi no transcurso dun encontro que o presidente da Confederación, Antonio Fontenla, mantivo este mércores, 1 de setembro, co rexedor compostelán.

Leer más

OBRAS

Arranca a fase do formigonado nas obras de Concheiros

31/08/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou esta tarde as obras de Concheiros, que entran hoxe na fase de formigonado, acompañado polo concelleiro de Obras, Javier Fernández, e pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.

Leer más
Compartir: