ALCALDÍA

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reforma interior do salón de plenos

13/12/2021

A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de reforma interior do salón de plenos do Pazo de Raxoi, que conta cun orzamento de execución material de 65.506,81 euros. Según se sinala na proposta, que recibiu luz verde da Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, o tipo de actuación a realizar é a de rehabilitación "encamiñada ao mantemento das condicións de hixiene, ornato, seguridade e funcionalidade da edificación", así como a eliminación das barreiras arquitectónicas. O alcalde de...

Leer más

ALCALDÍA

O Ministerio de Transportes preselecciona os proxectos de construción dun aparcadoiro disuasorio e dun centro loxístico de distribución de mercadorías presentados polo Concello

10/12/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou en rolda de prensa que os proxectos de construción dun aparcadoiro disuasorio e dun centro loxístico de distribución de mercadorías para a cidade histórica, ambos en Meinxonfrío, que o Concello presentou ás axudas do Ministerio de Transportes superaron a primeira fase.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Vinte cantantes procedentes de 11 países competirán esta fin de semana no IV Concurso de Canto Compostela Lírica, cuxa final estará presentada pola actriz Mabel Rivera

10/12/2021

A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela, en colaboración co Concello de Santiago, a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Consello da Cultura Galega, convoca o IV Concurso de Canto Compostela Lírica tras o éxito de participación e público das tres primeiras edicións. Un total de vinte solistas competirán esta fin de semana no certame, que se celebrará no Auditorio de Galicia.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local acorda a aprobación inicial da modificación puntual do Plan Parcial do SUP-1, nos quinteiros 1 e 2 de Romero Donallo

07/12/2021

A Xunta de Goberno Local acordou hoxe a aprobación inicial da modificación puntual do Plan parcial do SUP-1 (Romero Donallo) nos quinteiros 1 e 2, que supón unha reordenación dos volumes neses dous ámbitos. Tamén deu luz verde á licitación das obras de mellora da instalación de climatización e renovación do aire do Centro Sociocultural de Santa Marta; e aprobou definitivamente a subvención de 115.573,86 euros solicitada pola Comunidade de propietarios Vila de Rianxo, 6; na ARI de Vista Alegre.

Leer más

FESTAS

O Nadal xa loce en Compostela

03/12/2021

Arrancou o Nadal en Compostela co acendido das iluminación e a posta en marcha do programa de actividades pensado para todos os públicos, entre elas, o Mercado de Carreira do Conde. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado por máis membros da Corporación deu o pistoletazo de saída ao Nadal 2021.

Leer más
Compartir: