EDUCACIÓN

As escolas infantís municipais celebraron as actividades de Nadal 2021

22/12/2021

As escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños dedicaron este mes de decembro a preparar o Nadal. Nenos e nenas traballaron en diferentes talleres nos que fixeron manualidades coas que agasallar as súas familias e celebraron unha festa de Nadal na que recibiron a visita do Apalpador.

Leer más

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

A Policía Local estrea nove vehículos

21/12/2021

A praza do Obradoiro acolleu esta mañá a presentación dos novos vehículos rotulados cos que vai contar dende hoxe a Policía local de Santiago: 8 turismos Seat Ateca e 1 todoterreo Land Cruiser. Ao acto asistiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños; e o xefe da Policía Local, José Ramón Silva.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

A obra "Como agullas finas cravadas no pescozo" de María Caíña Hurtado, gañadora da cuarta edición dos Premios SELIC de creación literaria

21/12/2021

A obra de teatro "Como agullas finas cravadas no pescozo", de María Caíña Hurtado, é a gañadora da cuarta edición dos Premios SELIC de creación literaria, convocados polo Concello de Santiago. O accésit foi para a novela "Os acios tardegos", de Antonio Piñeiro Fernández. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, destacou a singularidade deste galardón, que ten como obxectivo enriquecer o patrimonio literario de Compostela en lingua galega.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba, de xeito provisional, o documento reformado do Plan Parcial de Ordenación do SUND 8 en Monte Vidán

20/12/2021

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe, de xeito provisional, o documento reformado do Plan parcial de ordenación do SUND-8 (Monte Vidán), cunha edificabilidade máxima de 33 vivendas. Tamén se tomou coñecemento da providencia que tiña por obxecto o requirimento de regularización para autorización de tránsito á canteira de Miramontes, e que lle da a razón ao Concello no control de vehículos de circulación de gran tonelaxe. Na práctica significa que non van poder pasar os camións de...

Leer más
Compartir: