ACCIÓN CULTURAL
Preséntase o caderno divulgativo "As casas do Concello", do que se editaron 10.000 exemplares
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; acompañada da investigadora e especialista en historia e patrimonio, Mercedes Vázquez Bertomeu; presentou o caderno "As casas do Concello". A publicación describe a evolución do concepto de Concello desde as primeiras asembleas veciñais abertas na Idade Media ata a adquisición total do Pazo de Raxoi en 1968, a través dun traballo de investigación rigoroso, cun formato divulgativo, no que destaca o deseño e contido.
DEPORTES
Máis de 1.100 inscricións nunha nova edición da San Silvestre marcada polas medidas anti-covid
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou en rolda de prensa a oitava edición da San Silvestre compostelá, na que os participantes deberán correr con máscara e en grupos de 300 persoas por mor das medidas sanitarias para a contención da pandemia. A saída será desde a Avenida de Xoán XXIII e a meta será na Praza do Obradoiro.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade entrega o Premio Patrimonio á Fundación Catedral de Santiago de Compostela
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España entregou o Premio Patrimonio, na súa décimo cuarta edición, á Fundación Catedral de Santiago de Compostela. Trátase dun premio co que o Grupo recoñece a importancia do proxecto de restauración e rehabilitación do conxunto histórico monumental da Catedral de Santiago de Compostela, xoia única no patrimonio mundial.
ACCIÓN CULTURAL
Inaugúrase en Santiago a exposición sobre os 50 anos da Casa de Rosalía
Estará na Alameda desde hoxe ata o 24 de xaneiro, cando se trasladará a Padrón para continuar cunha itinerancia que a levará por ducias de cidades e vilas de todo o país. Esta mostra repasa a historia da Casa-Museo de Rosalía e lembra o fito que supuxo conseguir mercar, restaurar e musealizar esta Casa en pleno franquismo grazas á colaboración de milleiros de persoas.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a xustificación e o pagamento de subvencións por un importe global de máis de 330.000 €
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta hoxe en rolda de prensa dos asuntos tratados na última Xunta de Goberno ordinaria do ano, entre os que destacan, ademais da xustificación de 26 subvencións por un importe total de 330.699,33 euros, a concesión da licenza ao Arcebispado de Santiago para a rehabilitación do pavillón historicista e do muro de peche do Mosteiro de San Martiño Pinario. Tamén se concedeu unha licenza á Sociedade Cooperativa Gallega para a construción dunha edificación de...
MEDIO RURAL
José Manuel Pichel visita as actividades de conciliación nos centros socioculturais da zona rural
O concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitou as actividades de conciliación lúdico-educativas de Nadal que se desenvolven nos centros socioculturais da zona rural.
FESTAS
O Mercado da Estrela recibiu máis de 14.000 visitas entre o 16 e o 19 de decembro
Nos catro días de duración deste evento multidisciplinar despregado en diferentes espazos de valor histórico e patrimonial da nosa cidade, a feira creativa e os concertos recibiron en total máis de 14.000 visitas.
DEPORTES
Concello de Santiago, USC, Deputación da Coruña e Xunta suman esforzos na renovación da pista de atletismo universitaria
O Concello de Santiago de Compostela xunto coa USC, a Deputación da Coruña, e a secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia presentaron este xoves 23 o convenio de cooperación dotado con preto de medio millón de euros para a renovación e o acondicionamento das instalacións de atletismo do estadio universitario, cuxa última pavimentación data do ano 1998. Está previsto que as obras rematen no primeiro trimestre de 2022.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello achega preto de 270.000 euros a dez entidades deportivas de Compostela
A Xunta de Goberno extraordinaria aprobou hoxe dez convenios de colaboración por un importe total de 269.000 euros con diferentes asociacións e federacións deportivas da cidade. Tamén tomou conta da axuda de 15.000 euros para sufragar o convenio de colaboración coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta da información en rolda de prensa.
PLENO
O Pleno aproba a modificación puntual do PXOM no ámbito da estrada Vigo-Chouchiños
O pleno do concello de Santiago, que comezou cun minuto de silencio polas vítimas de violencia machista, aprobou por unanimidade de todos os grupos municipais a modificación puntual do PXOM no ámbito do SUD 9-10, estrada de Vigo-Chouchiños. Tamén coa luz verde de todos os grupos saíu adiante a moción conxunta para dar apoio ás reivindicacións das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar