OBRAS
En 2021 reduciuse a 12 días o tempo medio de solución das incidencias da liña verde, e realizáronse labores de mantemento en 157 beirarrúas
En 2021 o Concello de Santiago levou a cabo labores de conservación e mantemento en 157 beirarrúas. Realizou, ademais, 43 actuacións sobre asfalto en quente e 7 de rego asflático. O balance realizouno hoxe o concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, que tamén destacou o descenso nas incidencias que chegan a través da liña verde e a notable redución do tempo medio de solución das mesmas, uns 12 días, fronte aos 406 de 2018.
ACCIÓN CULTURAL
Continúan as visitas comentadas á exposición Memorias do Café Derby (1929-2020), patrocinada polo Consorcio de Santiago, na Casa do Cabido
As persoas interesadas poderán desfrutar, previa inscripción, de visitas guiadas da mostra que percorre a traxectoria do emblemático café compostelán durante máis de 90 anos. As visitas terán lugar os venres ás 18:00 h e os domingos ás 12:00 h e prolongaranse ata o 13 de febreiro.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal arranca unha peregrinación a través do mundo sonoro cun primeiro concerto inspirado polo Camiño Primitivo
O Teatro Principal acolle este domingo a partir das 12:00 h un concerto con pezas de Antón Reicha, Rupert Chapí e Xoan Montes
COMERCIO
O Concello acorda a posta en marcha dos Bonos Corazón San Pedro cos comerciantes do barrio
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Festas, Gonzalo Muíños, mantiveron esta mañá un encontro cos representantes dos comerciantes do barrio de San Pedro-Concheiros para pechar os últimos detalles sobre a nova campaña de bonos ao consumo para impulsar o comercio e a hostalería local.
TURISMO
Santiago acolle un proxecto pioneiro que emprega o uso da tecnoloxía 5G para mellorar a experiencia do viaxeiro e fomentar o turismo
Grazas ao proxecto piloto centrado no desenvolvemento destas tecnoloxías no que participou Santiago, as persoas que visiten a cidade poderán gozar de todo o seu atractivo turístico, con contido adicional transmitido en tempo real, utilizando lentes de realidade aumentada.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Música ofrecerá catorce concertos dentro do segundo ciclo de "Camiños Sonoros"
"Rutas e Sinfonías" é o título que agrupa os catorce concertos que dará a Banda Municipal de Música nos vindeiros cinco meses. O programa, que foi presentado esta mañá pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o director da formación, David Fiuza, conta cun oferta ecléctica que combina diferentes estilos e orixes para poder adaptarse a todos os gustos.
CIDADES PATRIMONIO
O alcalde de Salamanca asume a presidencia das Cidades Patrimonio co obxectivo de impulsar a recuperación turística cun novo plan operativo
O rexedor de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, é o novo vicepresidente segundo e presidente da Comisión de Educación, Cultura e Deporte. O Grupo celebrará o seu día en FITUR o 21 de xaneiro coa primeira Asemblea do ano e a presentación dos plans de acción con Turespaña e Paradores. Antes da celebración da Feira Internacional, a Comisión Executiva do GCPHE aprobará os seus orzamentos para 2022.
XUNTA DE GOBERNO
Apróbase inicialmente o expediente de crédito de 75.000 euros para os bonos de consumo destinados ao comercio e hostalería do barrio de San Pedro-Concheiros
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou o expediente de crédito por importe de 75.000 euros para pór en marcha un programa de bonos de consumo no comercio e hostalería do barrio de San Pedro-Concheiros, financiado con baixas por anulación.
ACLARACIÓN
Nota aclaratoria sobre a información de que o Concello descarta levar aos xulgados o retraso nas obras de Concheiros
En relación á información sobre que o Concello de Santiago descarta levar ao xulgado á empresa adxudicataria ante un posible retraso na execución da reforma de Concheiros, aclarar que:
ORZAMENTOS
O proxecto de orzamentos do Concello para o 2022 ascende a 130 millóns de euros, un 4% máis que o ano anterior
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, Marta Abal, presentaron en rolda de prensa o borrador de orzamentos para o 2022, que ascende a 130.065.329, 19 euros, 5.045.251,42 euros máis que en 2021 (un 4,04%).