URBANISMO E CIDADE HISTÓRICA
Preséntase a estratexia de actuación do rexistro de soares do Concello de Santiago
A concelleira de Urbanismo e Cidade Histórica, Mercedes Rosón, presentou hoxe a estratexia de actuación do rexistro de soares do concello de Santiago. Segundo informou, xa se desenvolveu a primeira fase dese traballo. Trátase dun traballo de campo, no que se incluiron 123 inmobles en avanzado estado de deterioro situados no ámbito do PE-1.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago destina 600.000 € en axudas para a rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas e o mantemento da envolvente exterior dos inmobles da cidade histórica
A actual convocatoria de subevencións, que dobra o importe global con respecto ao ano anterior, permitirá tamén financiar os honorarios profesionais dos arquitectos. As persoas interesadas poderán solicitar as axudas ata o 21 de febreiro.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local adxudica o contrato para a prestación do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria
A Xunta de Goberno Local adxudicou hoxe o contrato para a prestación do "Servizo de recollida de lixos e limpeza viaria do Concello de Santiago" por case dez anos, ata 2031; e por un importe de 95.870.482,02 euros. Este contrato está dividido en dous lotes que foron adxudicados ás entidades URBASER e COGAMI.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os Centros Socioculturais de Santiago lanzan a súa nova oferta de actividades para as aulas de xogo e de lectura para o primeiro semestre de 2022
O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, deu conta hoxe en rolda de prensa da programación da Biblioteca José Saramago e das Aulas de Xogo para o periodo xaneiro-xuño do 2022. Entre as actividades presentadas destaca o lanzamento da segunda edición da iniciativa "12 meses, 12 libros" para o fomento da lectura.
TURISMO
Santiago promociónase en FITUR MICE como destino de Congresos
Turismo de Santiago, a través do seu servizo para a promoción da cidade como destino de Congresos, Xornadas e Incentivos, o Santiago de Compostela Convention Bureau, participa en FITUR MICE, a sección especializada en encontros profesionais da Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid esta semana.
TURISMO
Arranca mañá FITUR, onde o Concello de Santiago lanzará a candidatura do Carballo de Conxo para o título de Árbore Europea 2022 e a campaña "Santiago, Patrimonio Natural"
A axenda de Santiago programada para FITUR (19 ao 23 de xaneiro), inclúe, ademais do lanzamento da candidatura do Carballo de Conxo á fase final do certame Árbore Europea 2022 e de recibir o premio que o acredita como Árbore Española deste ano, a presentación da campaña central "Santiago, Patrimonio Natural", que pretende dar visibilide aos espazos verdes da cidade como foco da atracción turística.
CIDADES PATRIMONIO
Constituída a nova Comisión Executiva das Cidades Patrimonio da Humanidade
Hoxe constituíuse a nova Comisión Executiva do Grupo, presidida polo alcalde de Salamanca, Carlos García Carbayo, que precede á primeira Asemblea de Alcaldes e Alcaldesas e a presentación dos plans de acción o próximo venres 21 de xaneiro en FITUR. O alcalde de Santiago, Xosé S. Bugallo, convértese no novo vicepresidente segundo e presidente da Comisión de Educación, Cultura e Deporte.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a inclusión da rúa Doutor Maceira na zona 9 de residentes (Santa Marta)
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta hoxe en rolda de prensa dos asuntos tratados na última Xunta de Goberno ordinaria entre os que destacan, ademais da incorporación da veciñanza da rúa Doutor Maceira ao réxime de residentes da zona 9, a concesión de varias licenzas de obras.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Música de Santiago lanza o I Concurso de Dirección da BMSC
O próximo luns 17 de xaneiro abrirase ata o 11 de febreiro o prazo de presentación de candidaturas para profesionais no eido da dirección musical. Os candidatos seleccionados interpretarán unha serie de obras obrigadas e outras de libre elección durante o concurso, que terá lugar do 15 ao 18 de marzo no Auditorio de Galicia.
ALCALDÍA
Santiago presentará en FITUR a candidatura do Carballo de Conxo á última fase do certame Árbore Europea 2022
O alcalde de Santiago deu conta hoxe en rolda de prensa da axenda de Santiago programada para a nova edición de FITUR, que terá lugar do 19 ao 23 de xaneiro en Madrid. Ademais do lanzamento da candidatura do Carballo de Conxo á fase final do certame Árbore Europea 2022 e de recibir o premio que o acredita como Árbore Española deste ano, presentarase a campaña central "Santiago, Patrimonio Natural", que pretende dar visibilide aos espazos verdes da cidade como foco da atracción turística.