DEPORTES
Santiago acolle este sábado os campionatos de Galicia de Loitas Olímpicas e de Grappling-Gi coa participación de case 200 deportistas
A concelleira de Deportes e Benestar Animal, Esther Pedrosa, acompañada do presidente da Federación Galega de Loita, José Luis Olazábal, e o director técnico, Pablo Pintos, presentaron os campionatos de Loita Olímpica e Grampling-Gi que se celebrarán no pavillón municipal de Santa Isabel este sábado 29 de xaneiro. A cita deportiva conta cun total 190 inscritos nas dúas disciplinas procedentes de 21 equipos que competirán polos títulos nas diferentes categorías a nivel rexional.
PLENO
O Pleno manifesta o seu apoio a Tanxugueiras con motivo da súa participación no Benidorm Fest como candidatas a representar a España en Eurovisión
Nunha sesión ordinaria celebrada esta mañá, o Pleno da Corporación aprobou unha moción de urxencia conxunta de todos os grupos municipais para deixar constancia do seu apoio ao grupo Tanxugueiras que están a participar actualmente no Benidorm Fest, onde se decidirá a súa posible participación no Festival de Eurovisión.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal ofrece un novo concerto baixo o título "Batuta en Ruta I: tradición e renovación" dentro do ciclo "Rutas e Sinfonías"
O Teatro Principal acolle este domingo a partir das 12:00 h un concerto con pezas de Amando Blanquer, Robert Jager e Joaquim Serra, baixo a batuta do director convidado Marcel van Bree.
ALCALDÍA
Nace o Consello Municipal de Persoas Maiores, un órgano para impulsar o envellecemento activo e o diálogo cos poderes públicos
O alcalde de Santiago, Xosé S. Bugallo, presidiu esta mañá a sesión constitutiva do Consello Municipal de Persoas Maiores que servirá para garantir a participación activa deste colectivo na vida da cidade, mediante a formulación de propostas, consulta e colaboración coa administración local. O Consello conta polo momento con once vocais procedentes de entidades, asociacións e grupos políticos, pero está aberto a novos participantes.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Santiago presenta un libro que homenaxea aos músicos xubilados da formación
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron o libro ‘Re-encontros musicais. Homenaxe aos músicos xubilados da BMSC (1993-2021)’; acompañados dos seus autores, Carlos Cabaleiro e Judith Rey; e do director da Banda, David Fiuza. Rosón uniuse á homenaxe agradecendo aos músicos retirados que asistiron ao acto, "a defensa que sempre fixeron pola nosa banda".
IGUALDADE
Minuto de silencio polas novas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas mulleres asasinadas onte en Granada e o pasado 26 de outubro de 2021 en Alacante, vítimas de violencia machista.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Os Bombeiros estrean un novo vehículo para tarefas de extinción de incendios e salvamento
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá a presentación do novo vehículo do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento co que van contar dende hoxe os Bombeiros de Santiago. Ao acto asistiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños; e o xefe dos Bombeiros de Santiago, Manuel Sanmartín.
CIDADES PATRIMONIO
A Comisión de Turismo das Cidades Patrimonio arrinca a súa actividade de 2022 co obxectivo de impulsar os plans de acción turística
O concelleiro de Turismo de Santiago, Sindo Guinarte, participou esta mañá na sesión constitutiva da Comisión de Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, na que se marcou como obxectivo o impulso inmediato dos plans operativos de Turismo, que foron aprobados o pasado venres en FITUR.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno acorda o inicio do procedemento de imposición de penalidades por demora na obra de Concheiros
O acordo, segundo indicou en rolda de prensa o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, "é compatible coa continuidade da obra". Este foi un dos asuntos adoptados na sesión ordinaria da Xunta de Goberno na que tamén se aprobou o proxecto de pavimentación de viarios en varias parroquias do rural por importe de 118.000 euros.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Tudela (Navarra) vítima de violencia machista.