PLENO
O Pleno aproba o orzamento xeral do Concello de Santiago para 2022, que ascende a 130 millóns de euros
O Pleno da Corporación aprobou hoxe inicialmente o proxecto de "Orzamento Xeral do Concello de Santiago de Compostela e o seu anexo de persoal para o exercicio 2022", que ascende a 129.829.373,12 euros. O único punto da orde do día contou cos votos a favor do grupo municipal socialista, coa abstención de BNG e CA, e co voto en contra do grupo municipal popular.
URBANISMO E CIDADE HISTÓRICA
O castelo da Rocha Forte, primeiro BIC de titularidade municipal do Concello de Santiago
O DOG publica hoxe a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural pola que se acorda a inscrición do denominado castelo da Rocha Forte no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia. O castelo da Rocha Forte convértese así no primeiro BIC de titularidade municipal. Unha distinción solicitada polo Concello de Santiago, impulsor desta iniciativa, co obxectivo de pór en valor unha fortaleza de gran importancia estratéxica e histórica.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba os prazos de reserva de prazas e presentación de solicitudes para as Escolas Infantís Municipais e para a Escola Municipal de Música
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe os prazos de reserva de prazas e presentación de solicitudes para o alumnado actual e os de novo ingreso das Escolas Infantís Muncipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños; e da Escola Municipal de Música. Dos acordos adoptados informou en rolda de prensa o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
ACCIÓN CULTURAL
Aberto o prazo de inscrición para a primeira visita guiada dentro dun ciclo que permitirá coñecer os fondos do IEGPS
O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS), en colaboración co Concello de Santiago, ofrece aos veciños e veciñas da cidade a posibilidade de achegarse ás pezas arqueolóxicas, artísticas e etnográficas que alberga a institución a través dunha serie de visitas ao longo do 2022. O ciclo inaugúrase cunha visita que terá lugar o próximo 23 de febreiro co gallo do día de Rosalía de Castro.
MEDIO AMBIENTE
Solicitude de composteiros individuais
O Concello de Santiago resultou beneficiario das axudas destinadas ao fomento da compostaxe, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo FEDER Galicia 2014-2020. No marco destas axudas recibíronse 600 composteiros individuais para a súa distribución entre as persoas que así o soliciten.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello destinará preto de 1.250.000 euros a financiar oito actuacións no rural dentro do POS+2022
A Xunta de Goberno aprobou esta mañá as actuacións que levará a cabo o Concello con cargo ao Plan provincial de cooperación ás obras e servizos "POS + 2022" da Deputación da Coruña, que supoñen un total de 800.467,75 euros destinados á realización de catro sendas e á construción dun parque infantil e unha pista polideportiva. Esta achega complétase co Plan Complementario do POS: preto de 443.000 euros para tres obras de pavimentación. A estes investimentos, todos eles no rural,...
ACCIÓN CULTURAL
Santiago reivindica a figura da galeguista María Miramontes cun conxunto escultórico en Cornes
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, inauguraron esta mañá a peza realizada pola artista Mar Ramón Soriano que homenaxea a figura da costureira, editora, mestra e activista galeguista María Miramontes. A peza loce xa na praza situada entre a rúa Manuel Beiras e a rúa María Miramontes, na zona de Cornes. No acto tamén estiveron presentes, entre outros, a escultora; o sobriño neto de María Miramontes e Ánxel Casal; a voceira do...
MEDIO AMBIENTE
A Deputación da Coruña súmase ao apoio á campaña "Vota Carballo"
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou esta mañá o Carballo de Conxo xunto co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para amosar o apoio do ente provincial á campaña "Vota Carballo", na que este exemplar se xoga ser a Árbore europea do 2022. Tamén estiveron na visita os concelleiros de Medio Rural, José Manuel Pichel, e de Medio Ambiente, Mila Castro, e o deputado provincial Antonio Leira.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada onte en Totana (Murcia) vítima de violencia machista.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal ofrece un novo concerto baixo o título "Camiño do Norte" dedicado ás figuras máis representativas do País Vasco
O Teatro Principal acolle este domingo a partir das 12:00 h un concerto con pezas dos autores Juan Crisóstomo de Arriaga, Jesús Guridi, Vicent Egea, Rodrigo Alfredo de Santiago e Simón Couceiro.