ALCALDÍA
Concentración en silencio en solidaridade co pobo ucraíno
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá cinco minutos de silencio como mostra de solidaridade cos cidadáns de Ucraína que están sufrindo as consecuencias da agresión das tropas rusas
ACCIÓN CULTURAL
O Teatro Principal acolle esta fin de semana a peza "Morte accidental dun anarquista" de Dario Fo
Baixo a dirección de Cándido Pazó, Talía Teatro leva a escena esta peza que nos sitúa en Italia nun momento de gran inestabilidade social e que ben podería ser un retrato da actual situación do noso país. O espectáculo estrearase o venres 11 e sábado 12 de marzo no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
TURISMO
Revera Vinum programa "Rutas de Viño" e "Catas con Maridaxe Musical" en locais de hostalaría de Compostela
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, presentaron hoxe en rolda de prensa, as actividades paralelas do I Encontro do Viño Galego Revera Vinum, que se celebrará en Santiago os días 22, 23 e 24 de marzo e que reunirá a todas as DO e IXP do viño galegas. Ao redor deste evento, a cidade programará seis rutas nas que se premiará o consumo de viño galego cun sorteo de diversos agasallos e as salas compostelás Sónar e Riquela...
IGUALDADE
Compostela celebra o Día Internacional da Muller
O Concello de Santiago celebrou hoxe o Día Internacional da Muller cun acto institucional no que o alcalde e representantes dos grupos municipais que integran a Corporación deron lectura a un manifesto, e co fallo do premio Xohana Torres, que recaeu na curtametraxe "As pétalas murmuran" de Arantxa Lamas Ponte.
COMERCIO
Os establecementos do ámbito de Concheiros poden solicitar desde hoxe a súa adhesión ao programa de Bonos Corazón para esa zona
Unha vez publicadas as bases no BOP, os establecementos da área de Concheiros poden solicitar xa a súa participación no programa, prazo que se manterá aberto ata o 31 de maio de 2022. A partir do venres abrirase o turno para que a clientela poida descargar os bonos.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago rexistra un novo récord de solicitudes para a rehabilitación dos inmobles da cidade histórica, cun total de 96 peticións
O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo; e coa participación do Inspector Xeral do Ministerio de Hacienda y Función Pública, Ángel Esteban Paúl; e o secretario xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo. Abordáronse diversos asuntos de trámite, como os expedientes que se levarán para a súa aprobación ao vindeiro Consello de...
IGUALDADE
O Concello de Santiago recoñece o labor a prol da igualdade de distintas mulleres e colectivos da nosa cidade
O programa de actividades co gallo do 8 de marzo arrancou hoxe cun evento organizado polo Concello de Santiago, no que se homenaxeou a varias mulleres e colectivos que forman parte da historia viva da cidade, e que se distinguen polo seu labor a prol da igualdade. Baixo o lema "Mulleres de Compostela", a Sala Mozart do Auditorio de Galicia, acolleu esta tarde a gala de entrega dos galardóns, que foi conducido pola xornalista Marga Pazos, e que contou coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, a concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón....
ALCALDÍA
O alcalde sinala a importancia "vital e estratéxica" para Santiago das obras do Orbital e do Orbitaliño
O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, xunto do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, visitou esta mañá as obras do Orbital, que se atopan ao 30% de execución. Tamén asistiron os concelleiros José Antonio Constenla (PP), Jorge Duarte (CA) e Navia Rivas (BNG).
TURISMO
O Concello de Santiago asina un pacto de amizade entre o Camiño de Santiago e o Camiño de San Bieito en Italia
O alcalde de Santiago, Xosé S. Bugallo, asinou esta mañá no Pazo de Raxoi un pacto de amizade cos alcaldes das cidades italianas de Norcia, Subiaco e Cassino, co obxectivo de reforzar o vínculo entre o Camiño de Santiago e os principais centros do Camiño de San Bieito. Esta unión simbólica de camiños levouse a cabo no marco da visita a Santiago dos membros da delegación oficial das Celebracións Beneditinas, na que portaron o facho da orde, bendito previamente polo Papa e que, tras o periplo por España,...
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada o pasado xoves en Maqueda (Toledo), vítima de violencia machista.