TURISMO

Comezan as ‘Rutas de Viño Revera Vinum Compostela’

18/03/2022

A Bodeguilla de San Lázaro acolleu esta mañá o acto de inauguración das ‘Rutas Revera Vinum Compostela’ que se poderán percorrer desde hoxe ata o 27 de marzo. O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, e outros representantes da Corporación, deron inicio a esta actividade tomando un viño galego.

Leer más

MOBILIDADE

Preséntase o anteproxecto do trazado de carril bici entre a rotonda do Milladoiro e a Volta do Castro

17/03/2022

Os alcaldes de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e de Ames, Blas García, presentaron o anteproxecto "Trazado de carril bici na SC-20 entre a rotonda do Milladoiro e a de Volta do Castro". Os dous rexedores, xunto ao concelleiro de Barrios e Obras de Compostela, Javier Fernández; e a concelleira de Tráfico e Mobilidade de Ames, Beatriz Martínez; destacaron que se trata dun proxecto necesario, que ten como obxectivo humanizar e mellorar a mobilidade entre ambos muncipios.

Leer más

EDUCACIÓN

Segue aberto o prazo de presentación de obras para o XV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

17/03/2022

O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e Kalandraka Editora convocan o XV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 9.000 euros. O prazo de presentación dos traballos rematará o 13 de maio de 2022 e o fallo do xurado darase a coñecer durante a última quincena de xuño. Esta convocatoria ten como finalidade fomentar a produción artística e literaria destinada ao público infantil e xuvenil.

Leer más

EDUCACIÓN

O 23 de setembro remata o prazo para presentarse aos premios Educacompostela

17/03/2022

O concelleiro de Educación, Rubén Prol, acompañado por Xosé Lastra, presidente de Nova Escola Galega, e Beatriz Varela, directora do Departamento de Educación, presentaron esta mañá en rolda de prensa a "XIV edición dos Premios Educacompostela de recursos educativos en prol da innovación da calidade educativa e da renovación pedagóxica", cuxo prazo de presentación das obras estará aberto ata o 23 de setembro.

Leer más

DEPORTES

Máis de 350 atletas participarán este sábado na XIX edición do Dúatlon Cidade de Santiago

16/03/2022

A concelleira de Deporte, Esther Pedrosa, acompañada por Brais Otero Lestón, tesoureiro do Club Tríatlon Santiago, presentou hoxe os detalles do XIX Dúatlon Cidade de Santiago e do XXII Dúatlon Escolar Cidade de Santiago, que terán lugar o vindeiro sábado 19 de marzo nas inmediacións do Estadio Municipal Verónica Boquete. Os dous torneos están organizados polo Club Tríatlon Inforhouse Santiago e pola Federación Galega de Tríatlon, coa colaboración do Concello de Santiago.

Leer más

SEGURIDADE E MOBILIDADE CIDADÁ

Quinto ano consecutivo sen falecidos nas estradas de Santiago

15/03/2022

O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños, acompañado polo inspector da Policía local José Antonio Pena, presentou esta mañá en rolda de prensa o balance de actuacións da Policía Local no ano 2021, que rematou sen contabilizar ningún falecido en accidente de tráfico, unha tendencia que se mantén por quinto ano consecutivo, desde o 2017.

Leer más
Compartir: