CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os Centros Socioculturais de Santiago lanzan a súa nova oferta de actividades deportivas no exterior

06/04/2022

O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, acompañado por Enrique Vázquez e Beatriz Cornide, responsable e técnica da Rede dos CSC respectivamente, presentou esta mañá en rolda de prensa, as rutas de sendeirismo "Camiñando a Santiago" e "O Xiro dos Montes", propostas de deporte ao aire libre para a veciñanza da cidade que se desenvolverán entre abril e xuño.

Leer más

PLENO

Volve a presencialidade ao pleno municipal

05/04/2022

Despois de dous anos de pandemia, o Pleno municipal volve celebrarse de forma presencial. A última vez que acudiran todos os concelleiros ao salón de plenos fora en febreiro de 2020 e dende ese momento e ata este pleno ordinario de marzo só estaban presentes no Concello o alcalde e os voceiros municipais. O resto dos membros da Corporación seguían a sesión de forma telemática.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local adxudica dúas novas obras na zona rural

04/04/2022

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación de dúas novas obras na zona rural, por un importe de 641.846 euros. Tamén se adxudicaron 13 solicitudes de renovación da autorización de venda ambulante do mercado de Salgueiriños para 2022, que se suman ás 27 aprobadas a semana pasada.

Leer más
Compartir: