POLÍTICAS SOCIAIS

Ábrese o prazo para solicitar as axudas de taxi, destinadas a residentes en Santiago con dificultades de mobilidade ou con limitacións para o uso do transporte colectivo

18/04/2022

A partir de mañá xa se poden solicitar as axudas individuais para uso do taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade, ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo, máis coñecidas como "bonotaxi". O orzamento, de 15.000 euros; e as bases, que hoxe publica o BOP, o Boletín Oficial da Provincia da Coruña, aprobáronse o pasado día 6 en Xunta de Goberno. O prazo de solicitude é de dez días hábiles, contados a partir do 19 de abril.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno adxudica a obra de reforzo do pavimento na rúa de Santa Teresa Jornet por importe de 108.000

18/04/2022

A Xunta de Goberno local acordou hoxe adxudicar o contrato de "Rexeneración e reforzo estrutural do pavimento da calzada da rúa Santa Teresa Jornet (2ª fase)" á empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L., por un importe total de 108.156,14 euros, ao ser a súa oferta a máis vantaxosa das presentadas. Dos acordos adoptados, informou en rolda de prensa o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

Leer más

COMERCIO

Aberto ata o 30 de abril o prazo para inscribirse no 3º Mercado do Libro e da Artesanía da Festa do Banquete

13/04/2022

A Festa do Banquete volve tras dous anos de parón por mor da pandemia con múltiples actividades, que se desenvolverán do 20 ao 22 de maio en Conxo. Entre elas atópase o Mercado de Artesanía, que se celebrará os días 21 e 22 na praza Aurelio Aguirre. Baixo a organización do Departamento de Comercio do Concello, este espazo acollerá expositores dos sectores do libro e da artesanía, que poden solicitar participar ata o día 30 de abril.

Leer más

DEPORTES

O Monte do Gozo acollerá do 15 ao 17 de abril o II Open Xacobeo Disc Golf

12/04/2022

O evento, no que colabora o Concello, foi presentado esta mañá en rolda de prensa pola concelleira de Deporte, Esther Pedrosa, que estivo acompañada polo presidente do Compostela Club Disc Golf, Iván Gutiérrez de Terán, e por Rodrigo Sánchez, asistente do torneo. Prevese que asistan 62 xogadores de 7 nacionalidades do mundo.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno adxudica obras de abastecemento e saneamento en varias parroquias do rural por preto de 266.000 euros

11/04/2022

A Xunta de Goberno, reunida en sesión ordinaria, adxudicou dúas obras de abastecemento e saneamento en Ponte Alvar e nas parroquias de Aríns, Laraño e Sabugueira por un importe global de 265.840,01 euros. Ademais, deu o visto bo a cinco licenzas: para construción dunha nave no Polígono da Sionlla, para demolición e construción de edificio en Pérez Constanti, para unha vivenda unifamiliar e para o acondicionamento e cambio de uso dun local a vivenda. Dos asuntos tratados deu conta en rolda de prensa o alcalde de Santiago.

Leer más

ALCALDÍA

O Tribunal Supremo admite a trámite os dous recursos do Concello para recuperar as estatuas do Mestre Mateo

08/04/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amosou a súa satisfacción por esta nova "inesperada" que abre unha porta para que o Concello poida recuperar a titularidade pública das estatuas do Mestre Mateo. Os dous recursos aceptados a trámite foron presentados en 2020 contra a sentenza da Audiencia de Madrid que recoñecía á familia Franco a propiedade destas dúas pezas do Pórtico da Gloria.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello súmase á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano

08/04/2022

O alcalde de Santiago, Xosé S. Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, acompañados por Isabel Suárez e Miriam Fernández, da Fundación Secratario Xitano, e representantes dos demais grupos municipais, deron lectura ao manifesto institucional en conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano, que tamén se celebra coa colocación da bandeira ou co canto do himno Gelem, Gelem, símbolos deste colectivo.

Leer más
Compartir: