MEDIO AMBIENTE

O novo servizo de recollida de residuos e limpeza viaria comenzará a finais de maio

10/05/2022

A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, acompañada por Rocío Montañés, directora de Área de Benestar Medioambiental e Servizos Básicos, deu conta hoxe en rolda de prensa do estado da renovación dos servizos de recollida de lixo e limpeza na cidade, que asumirá novamente a empresa URBASER S.A. a partir do 21 de maio. Entre as novidades, destacan a substitución de illas soterradas, colectores e papeleiras, a implantación dun servizo de limpeza urxente 24 horas ou a ampliación a máis áreas da cidade...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Santiago Auserón chega en xuño a Compostela co concerto de La banda de Juan Perro e coa presentación de ‘Arte sonora’ na SELIC

10/05/2022

O músico, escritor e filósofo Santiago Auserón achégase en xuño a Compostela nunha dobre cita, para ofrecer un concerto no Auditorio de Galicia con La banda de Juan Perro, e para presentar na SELIC a súa última creación de ensaio, "Arte sonora". Auserón ofrecerá o vindeiro 12 de xuño no Auditorio de Galicia o primeiro concerto da súa xira galega de 2022 con La banda de Juan Perro, un evento dará comezo ás 20.30 horas e cuxas entradas se poñerán á venda...

Leer más

ALCALDÍA

Santiago e Braga estreitan lazos cun irmandamento

09/05/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente da Câmara Municipal de Braga, Ricardo Rio, asinaron esta mañá un convenio de irmandamento entre as dúas cidades co fin de fortalecer as relacións económicas, turísticas e culturais. No mesmo acto, os dous mandatarios realizaron unha declaración de cooperación entre Braga e Santiago, atendendo ás afinidades que as unen.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Aprobada a tarifa da Festa dos Maiores que se establece en 7,5 euros por persoa

09/05/2022

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a tarifa de prezo público para a Festa dos Maiores 2022, que se celebrará o 28 de maio no recinto feiral de Amio. Cada unha das persoas que desexe asistir, deberá aboar 7,5 euros. O obxectivo desta celebración, organizada polo Concello de Santiago a través das concellarías de Festas e de Servizos Sociais, é fomentar a participación e interacción das persoas maiores de distintas parroquias e lugares do termo municipal, celebrando un día especial nun espazo de encontro no que se sintan...

Leer más

URBANISMO

O palacete da finca do Espiño destinarase a usos institucionais

06/05/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón; visitaron hoxe a finca do Espiño, onde se está procedendo á rehabilitación do palacete modernista, construído polo arquitecto Jesús López de Rego arredor do ano 1910. Nesta remodelación, que conta cun orzamento de execución de 1.425.922,9 euros, respectarase a estrutura orixinal do edificio.

Leer más
Compartir: