ALCALDÍA
O campo de fútbol de Villestro leva dende hoxe o nome de Suso Conde
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu o acto de homenaxe a Suso Conde, cuxo nome bautiza dende hoxe o campo de fútbol de Villesto. Ademais da súa familia, asistiron ao evento concelleiros e concelleiras de todos os grupos da Corporación municipal.
EDUCACIÓN
O Concello recoñece o labor do persoal docente xubilado neste curso
O Teatro Principal acolleu esta mañá o acto de homenaxe que o Concello de Santiago quixo brindar ao profesorado dos centros de ensino de educación infantil, primaria e secundaria de Compostela que se xubilaron neste curso escolar.
MOCIDADE
O ciclo de cine ao aire libre programará catro películas seleccionadas pola cidadanía entre un listado de filmes
A Concellaría de Mocidade programa un novo ciclo de cine ao aire libre, que terá lugar os días 27, 28, 29 e 30 de xuño a partir das 22:30 h no paseo central da Alameda de Santiago. Neste ciclo emitiranse catro películas, previamente seleccionadas pola cidadanía entre un listado ao que se pode acceder desde o facebook Mocidade Compostela.
URBANISMO
Nota aclaratoria sobre a información en relación a un aparcamento privado en superficie xunto ao CHUS
Ante as informacións aparecidas estes días en prensa, en relación, a suposta "solicitude" de licenza para un aparcamento privado en superficie xunto ao CHUS, (o Complexo Hospitalario de Santiago), aclarar que:
EIXO ATLÁNTICO
A Feira de Produtos do Eixo Atlántico permitirá degustar os mellores produtos de Galicia e Portugal na Alameda
A colaboración entre o Eixo Atlántico, o Concello de Santiago e o Concello do Barco de Valdeorras fai posible levar a cabo esta feira que permitirá que os produtores tradicionais de Galicia e Norte de Portugal, poidan promocionar e vender os seus produtos na capital de Galicia.
ACCIÓN CULTURAL
O Concello lanza a primeria edición do Premio Exeria para apoiar a creación literaria en lingua galega
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada pola poeta Yolanda Castaño, presentou esta mañá as bases do "Premio Exeria de proxectos de creación literaria", que ten como obxectivo, fomentar a creatividade literaria desde a súa orixe e contribuír a súa internacionalización.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Spin UP permite crear 29 empresas relacionadas coa saúde, a alimentación, o turismo, a educación e a Industria 4.0
O polo Sionlla BioTech, que captará empresas biotecnolóxicas, posibilitará seguir adiante cos logros do proxecto europeo Spin Up, liderado por Uninova, e que celebrou onte a súa xornada de peche. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reiterou a necesidade de "traballar entre todos para que os mozos aposten pola posta en marcha iniciativas emprendedoras vinculadas á biotecnoloxía".
ACCIÓN CULTURAL
Preséntase o "Mapa dos cinematógrafos" que achega a historia das salas de proxección en Santiago
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada por Óscar Senra, de MAOS Innovación Social - S.Coop.Galega, presentou esta mañá a versión impresa do "Mapa dos cinematógrafos de Compostela", unha iniciativa que ten como obxectivo dar a coñecer a historia das salas de proxección en Santiago. Esta publicación forma parte de Compostela Filmada, un proxecto impulsado polo Concello co obxectivo de pór en valor o a vinculación da nosa cidade co mundo do cinema.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo extraordinario para cubrir prazas vacantes en "Cativadas de verán" dos Centros Socioculturais
Durante os días 22 e 23 de xuño de 2022, ábrese un prazo extraordinario para que aquelas familias que, cumprindo os requisitos de idade dos participantes e a condición de empadroamento, poidan solicitar praza nos CSC onde hai vacantes.
IGUALDADE
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá un minuto de silencio pola dúas mulleres asasinadas onte en Madrid, vítimas de violencia machista
Membros da Corporación participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo das mulleres asasinadas. Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.
A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e...