ALCALDÍA

A designación da "praza da Oliveira - Pilar Pereira" contribuirá a manter na memoria colectiva a traxectoria desta actriz compostelá

21/05/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada de representantes da Corporación municipal e do tecido social e cultural compostelán, participaron nun acto para darlle o nome da "praza da Oliveira-Pilar Pereira" ao espazo situado na Cidade histórica entre a rúa e ruela da Oliveira. A intención é que Pilar Pereira permaneza "na memoria colectiva da veciñanza compostelá e que, ao igual que esta oliveira, enraíce neste lugar coa mesma forza coa que viviu e desempeñou a súa traxectoria...

Leer más

FESTAS

A Festa do Banquete de Conxo achega á veciñanza a contorna natural do barrio con actividades para todas as idades

21/05/2024

Durante toda a fin de semana, o programa ofrecerá diversas propostas para todos os públicos pensadas para descubrir e gozar da contorna da Carballeira de Conxo. Este venres 24 terá lugar a visita literaria "as voces do bosque", guiada polo escritor Quique Alvarellos, e un Escape Room coa que as/os participantes poderán coñecer máis sobre este espazo e a súa historia. O sábado 25, será a quenda do taller de observación de aves, o de "baños de bosque" e a unha ruta que inclúe unha visita e...

Leer más

CAPITAL CULTURAL

Los Bravú, Elisa McCausland e Bea Lema pechan esta semana as actividades paralelas da exposición #Punctum

21/05/2024

O dúo artístico conformado por Dea Gómez e Diego Omil protagoniza o encontro ‘Procesos e sucesos’ do mércores 22 de maio, con acceso de balde. A xornalista Elisa McCausland afonda na xenealoxía e o futuro das autoras de BD o sábado 25 de maio ás 12 horas nun faladoiro de acceso libre. Tamén o sábado, pero ás 16.30 horas, a artista Bea Lema coordina un obradoiro de ilustración para a rapazada que é de balde previa inscrición.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Concello aproba un convenio de colaboración coa USC para desenvolver accións concretas cara a un turismo máis sostible

20/05/2024

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá o convenio de colaboración entre o Concello e a Universidade de Santiago para o desenvolvemento de traballos de investigación e actividades de I+D+i en materia de turismo sostible. O executivo municipal tamén deu luz verde a dous expedientes para realizar intervencións nas parroquias de Aríns e Laraño, así como a un convenio coa Xunta para a xestión do servizo de comedor en nove centros educativos para os cursos 2023-24 e 2024-25 e ao Plan municipal de prevención contra os...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Aprobada a convocatoria de subvencións destinadas ao fomento de actividades a prol da igualdade e á prevención das violencias machistas

20/05/2024

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a convocatoria para a concesión de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, bisexual, transexual, intersexual e queer (LGBTIQ+) e de prevención e loita contra as violencias machistas, para o ano 2024, que conta cun orzamento de 30.000 euros.

Leer más

XUVENTUDE

Aberto o prazo de inscrición no Campamento de verán de surf destinado á mocidade de Compostela

20/05/2024

Un ano máis, os mozos e mozas de entre 14 e 17 anos teñen a oportunidade de participar nun campamento de verán de surf no concello de Oleiros, grazas ao programa organizado pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. A actividade desenvolverase do 1 ao 8 de xullo, e o prazo para presentar as solicitudes estará aberto desde hoxe, 20 de maio, ata o 3 de xuño.

Leer más
Compartir: