PARQUES E XARDÍNS

O Concello repartirá alegrías e plantas dos xardíns municipais para que poidan ter unha segunda primavera

09/11/2022

Leva unha planta! é a iniciativa coa que a Concellería de Parques e Xardíns pretende darlle unha nova vida de flor ás plantas dos parterres e parques municipais. Organizarase un primeiro gran reparto de preto de 500 flores a partir do venres 11 ás 11.00h no Paseo dos Leóns da Alameda, onde as veciñas e veciños poderán recoller a súa planta e levala para o seu domicilio: "queremos encher as casas de toda a veciñanza de cores" explicou a concelleira Mila Castro.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Amplíase en 130.000 euros a convocatoria de axudas de comedor, adquisición de material escolar, e actividades extraescolares

09/11/2022

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a ampliación, en 130.000 euros, da dotación orzamentaria destinada as bolsas de comedor, á adquisición de material escolar e á realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e privados concertados de Educación Infantil (segundo ciclo) e de Educación Primaria, que neste curso 2022-2023 conta cun presuposto de 665.000 euros. Con este incremento, a cantidade destinada a axudas a través deste programa ascende a ...

Leer más

TURISMO

Turismo de Santiago promociona a cidade no mercado británico

09/11/2022

Turismo de Santiago participa esta semana na WTM de Londres, a feira máis importante do mercado británico, que ten lugar en Londres entre o 7 e o 9 de novembro. Nesta feira turística participan máis de 50.000 profesionais do sector. Arredor do 50% deles son británicos, pero tamén hai unha importante presencia de profesionais europeos e asiáticos.

Leer más

COMERCIO

Ábrese o prazo para descargar os "Bonos Corazón Compostela"

08/11/2022

O BOP da provincia da Coruña publica hoxe as bases da convocatoria de concesión das axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería local "Bonos Corazón Compostela 2022"; aos que o Concello de Santiago destina 1.250.000 euros. As personas interesadas poden descargalos desde hoxe, 8 de novembro, ata o 10 de decembro de 2022, ambos inclusive, salvo esgotamento previo do seu saldo. No caso dos establecementos que desexen adherirse ao programa teñen de prazo desde hoxe ata o 30 de novembro.

Leer más

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Os premios Manuel Beiras invitan a "prender" o galego, tamén no comercio

08/11/2022

‘Prende o galego. Brilla con luz propia’ é o lema co que se presenta este ano o premio Manuel Beiras ao uso do galego na empresa. O 19 de decembro celebrarase no Teatro Principal a partir das 20.00h a gala de entrega de premios ás empresas que o xurado elixa, nunha convocatoria co obxectivo de "dar a coñecer e espallar a utilidade que ten o galego, tamén como lingua instrumental no ámbito mercantil" destacou o concelleiro de Políticas Lingüísticas.

Leer más

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Os Premios Youtubeiras pechan o prazo de inscrición da súa sexta edición o vindeiro 15 de novembro

08/11/2022

Youtubeiras, proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, entre eles Santiago de Compostela; polas tres universidades galegas e pola Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación no Youtube en galego con temáticas e formatos diversos, pechará o próximo martes, 15 de novembro, o prazo de inscrición para a sexta edición dos seus premios.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Aprobada a adxudicación de tres contratos de pavimentación de viais en sete parroquias do rural compostelán

07/11/2022

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a adxudicación de obras de pavimentación en varios viarios secundarios e interiores de distintas parroquias da zona rural, por un importe total de 270.244,47 euros. Son un total de tres contratos da concellaría de Medio Rural que dirixe José Manuel Pichel, financiados con cargo ao "Plan provincial de cooperación as Obras e Servizos de competencia municpal POS +" da Deputación da Coruña. Beneficiaránse destas actuacións un total de 7 parroquias: Verdía Marantes, A Gracia,...

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Santiago acolle un encontro de representantes do cooperativismo do todo o estado no marco da Capitalidade da Economía Social 2022

07/11/2022

Como punto de inicio deste encontro organizado por Espazocoop, os asistentes completaron esta mañá unha etapa do Camiño de Santiago e foron recibidos a continuación no Pazo de Raxoi polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. Na recepción tamén participou a conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana, así como a presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira, e o presidente de COCETA, Luis Miguel Jurado.

Leer más

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Sindo Guinarte e o presidente da AMCS destacan a importancia do Camiño Francés como nexo de unión con Europa

05/11/2022

O concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e delegado do Ano Santo, Sindo Guinarte, recibiu no Pazo de Raxoi a un grupo de 32 alcaldes, todos eles integrantes da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS), encabezados por Enrique Maya, alcalde de Pamplona presidente da entidade, da que forma parte o Concello de Santiago de Compostela.

Leer más
Compartir: