PARQUES E XARDINS

O Goberno Municipal ten previsto aprobar mañá o proxecto de conexión á rede de saneamento e acabados interiores dos vestiarios do persoal de Parques e Xardíns

11/12/2022

A Xunta de Gobierno ten previsto, mañá luns, dar luz verde ao proxecto básico e de execución modificado da obra "Conexión á rede de saneamento e acabados interiores dos vestiarios de Lamas de Abade", que conta cun orzamento de licitación de 48.339,51 euros, e que executará o departamento de Parques e Xardíns, que dirixe Mila Castro.

Leer más

MEDIO RURAL

O Goberno Municipal ten previsto aprobar, este luns, tres actuacións no rural cun investimento superior aos 700.000 euros

10/12/2022

A Xunta de Gobierno ten previsto, este luns, adxudicar unha obra no rural e abrir o procedemento de licitación doutras dúas por un importe total, IVE engadido, de 702.794,19 euros. Na orde do día figura a adxudicación do acondicionamiento da antiga N-634 no núcleo de Lavacolla (Sabugueira), que saiu a licitación en xuño por 268.471,36 euros. E a aprobación dos proxectos de "Mellora de equipamentos deportivos e sociais na parroquia de Figueiras", cunha contía de 355.699,97 euros; e o "Acondicionamento do local...

Leer más

COMERCIO E RELACIÓNS VECIÑAIS

O Concello premia as mellores decoracións de Nadal nos escaparates comerciais e nas vivendas particulares da cidade

09/12/2022

Todos aqueles veciños e veciñas que decoren con motivos de Nadal as fachadas, balcóns e xardíns das súas vivendas, poderán optar a un dos catro premios do I Concurso de Decoración de Nadal Veciñal, convocado polo Concello. Esta iniciativa súmase á tradicional competición de escaparatismo de Nadal coa que se pretende atraer a atención da clientela para aumentar así o consumo nas ventas durante este período vacacional. O alcalde tamén deu conta esta mañá das últimas...

Leer más

DEPORTES

Santiago acollerá o I Torneo Internacional de Balonmán Deputación da Coruña do 9 ao 11 de decembro

07/12/2022

Santiago acollerá do 9 ao 11 de decembro o I Torneo Internacional de Balonmán Deputación da Coruña, no que participarán 20 equipos e máis de 450 deportistas das categorías infantil, cadete e xuvenil (masculina e feminina). No aspecto deportivo o principal obxectivo desta competición é servir como preparación das seleccións galegas de cara ao Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrará do 3 ao 8 de xaneiro de 2023 en Benidorm.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno adxudica as obras de reforma do Salón de Plenos e as de pavimentación de vieiros en Villestro e Laraño

05/12/2022

A Xunta de Goberno local deu luz verde á adxudicación das obras de reforma do Salón de Plenos e de vieiros en Villestro e Laraño por algo máis de 168.000 euros, así como ao proxecto para eliminar as humidades no pavillón polideportivo do CEIP Pío XII. Entre os asuntos tratados tamén destaca a aprobación da primeira fase de subvencións en especie para a mellora da accesibilidade en promocións de vivendas do século pasado localizadas en barrios e áreas de rehabilitación integral, con cargo...

Leer más

COMERCIO

Expedido o Bono Corazón número 44.154: o último bono co que se inxectan no comercio local máis de tres millóns de euros

05/12/2022

Ás 13:37h expediuse o último bono da campaña dos Bonos Corazón Compostela. Con el son xa un total de 44.154 bonos por valor de 3.125.000 euros dos que, polo de agora, xa foron consumidos máis de un millón e medio. Unha boa nova "para o comercio, a hostalaría e toda a cidade" explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, que insiste en que "se trata de inversións que se reteñen na propia cidade, que incentivan o consumo no comercio de proximidade e supón unha axuda ás familias fronte a suba de...

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde congratúlase de que Galicia vaia albergar a sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial

05/12/2022

"Nós contribuímos cos medios que tiñamos ao noso alcance para apoiar a alternativa de A Coruña e congratulámonos de que a Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial se instale en Galicia". Con estas palabras, o alcalde celebra a decisión do Consello de Ministros de ubicar este órgano en Galicia no marco do proceso de descentralización administrativa.

Leer más

PROTECCIÓN CIVIL

Adornos de nadal solidarios para as familias refuxiadas ucraínas

05/12/2022

Desde a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago de Compostela púxose en marcha unha campaña para a recollida de árbores artificiais e adornos de Nadal para as familias refuxiadas ucraínas que hai na nosa cidade. Ata o 16 de decembro pódense entregar elementos decorativos do Nadal para que a maxia destas datas chegue tamén a estas familias. Poden achegarse á base de Protección Civil en Av. Fernando Casas Novoa, 20. Local 1 (Estadio de San Lázaro) chamando ao 689 499 690.

Leer más
Compartir: