RESIDUOS
Reforzo do servizo de recollida de residuos durante os días do festival O Son do Camiño
Con motivo do festival O Son do Camiño, que se celebra do 30 de maio ao 1 de xuño no Monte do Gozo, o Concello de Santiago de Compostela reforzou o servizo de recollida de residuos e limpeza viaria para contribuír a garantir unha xestión máis eficaz.
CONVIVENCIA
O 1 de xuño abre o prazo para solicitar os permisos para a celebración das cacharelas e sardiñadas da noite de San Xoán
O vindeiro sábado, 1 de xuño, abre o prazo para solicitar os permisos para a celebración das cacharelas e sardiñadas pola noite de San Xoán, tanto en terreos de propiedade privada como pública.
PLENO
Retransmisión do pleno ordinario do 30 de maio
10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Alameda de Santiago acolle este sábado as actividades para a cativada do "Día Internacional do Xogo"
O Paseo da Ferradura, na Alameda de Santiago, acollerá este sábadi distintas actividades de ocio programadas pola Rede de Centros Socioculturais para conmemorar o "Día Internacional do Dereito ao Xogo". A partir das 11:00 horas, nenos e nenas poderán gozar co circuíto de xogos tradicionais, de habilidade e cooperativos, así como co espectáculo "Cantaxoga" de Migallas.
CAPITAL CULTURAL
Esculcando o mundo desde Compostela: A SELIC internacionalízase sen perder de vista a literatura propia
Á visita de autores como John Banville ou Adanía Shibli, xa anunciada, súmase a oferta máis variada das letras do país, como o Leo de Matamá, Afra Torrado, Fernández Naval, Eva Veiga ou Rosa Aneiros. O Festival da Lectura presentou hoxe o programa da súa oitava edición, nunha rolda de prensa á que asistiron Míriam Louzao, concelleira de Capital Cultural; Camilo Franco, director da SELIC; e Xaquín Núñez Sabarís, coordinador da sección Criminal.
RURAL
O Concello acorda coa veciñanza as prioridades do plan de rozas de vexetación en camiños e espazos públicos para a prevención de incendios
A concelleira de Relacións Veciñais e Rural, Pilar Lueiro, mantivo un encontro con representantes da Federación de Asociacións Veciñais do Rural de Santiago (Ferusa) no que, entre outros temas, se tratou o cronograma de labores de roza de vexetación de cara á prevención de incendios no verán e á eliminación de matogueira en camiños, beirarrúas e espazos públicos.
CONVIVENCIA
A Semana da Prevención de Incendios chega á Alameda "coas claves para saber como reaccionar en situacións de emerxencia"
Os próximos días 6 e 7 de xuño, a Alameda acollerá as actividades da Semana de Prevención de Incendios, organizada polo Servizo Municipal de Extinción, a Fundación MAPFRE e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros. O programa, previsto para o pasado mes de outubro e que tivera que ser cancelado por mor das condicións meteorolóxicas, pretende sensibilizar á veciñanza e mostrar as claves para reaccionar diante de situacións de emerxencia.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Barcelona o pasado 19 de maio, vítima de violencia de xénero.
PLENO
A Corporación municipal súmase ao apoio ás persoas afectadas pola ELA cunha declaración institucional que se aprobará o vindeiro xoves
O Pleno do Concello aprobará o vindeiro xoves 30, na sesión ordinaria do mes de maio, unha declaración institucional subscrita por todos os grupos municipais en apoio ás persoas afectadas pola Esclerosis Lateral Amiotrófica que busca impulsar a tramitación da proposición da Lei ELA.
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
Compostela co Sur Global: as ONGDs dan conta dos proxectos que desenvolven grazas ás subvencións do Concello de Santiago
O edificio Cersia de San Lázaro acollerá mañá, a partir das 16:30 horas, un encontro con ONGDs que están a desenvolver diferentes proxectos apoiados polo Concello de Santiago, a través da súa liña de subvencións á cooperación ao desenvolvemento. A actividade, que leva por lema "Compostela co Sur Global", forma parte do programa Compostela Máis Solidaria, impulsado pola Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, en colaboración coa Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais.