MEDIO RURAL
O alcalde visita, en Barciela e Cesar, as obras de mellora da contorna e pavimentación de viais
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo visitou as parroquias de Barciela e Cesar, onde se reuniu coa veciñanza. Nestas parroquias leváronse a cabo distintas obras de posta en valor das contornas e mellora de viais, que contaron cun orzamento de execución total de 458.703,98 euros.
MEDIO RURAL
A Xunta de Goberno Local aproba o proxecto de Regulamento do Consello de Medio Rural
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria deu luz verdo ao proxecto de Regulamento do Consello do Medio Rural; que agora será elevado ao Pleno para a súa aprobación inicial, previo ditame da comisión informativa correspondente. Este documento, será o que regule o Consello de Medio Rural, definindo as súas funcións e dotándoo de estrutura e regras de funcionamento, que fagan posible a participación efectiva da veciñanza do rural nos asuntos municipais que lle afecten.
DEPORTES
Case 500 inscritos na carreira e na andaina solidaria "Unha tarde con Samuel" que terá lugar este sábado no Monte do Gozo
O vindeiro sábado 25 de marzo terá lugar a terceira edición da "Cross e a Andaina Solidaria para a investigación Duchenne- Becker. Unha tarde con Samuel" no Parque do Monte do Gozo. Hoxe presentárona a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; Juanma Mata Torreira, pai de Samuel, e José Antonio Juanatey, presidente do club Atletismo Fontes do Sar
MEDIO RURAL
A Deputación adxudica as obras da senda peonil entre Santiago de Compostela e a parroquia de Figueiras por 900.000 euros
A actuación cubrirá unha necesidade e unha antiga demanda de mellora da seguridade peonil nesta zona de Santiago. O tramo obxecto de actuación transcorre entre o PQ 0 e o PQ 2+560 da estrada provincial DP-7803 e os traballos inclúen a ampliación da beiravía, establecendo un novo itinerario peonil de case dou metros de ancho, o que servirá para aumentar a seguridade viaria na estrada.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno Municipal aproba un suplemento de crédito para o proxecto EDUSI "Rutas Campus Stellae. Miradoiro de paisaxe do Pedroso"
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou un expediente de suplemento de crédito por importe de 42.701 euros para dispor da achega municipal necesaria no exercicio actual (20% da totalidade do proxecto) para o proxecto "Rutas Campus Stellae: Miradoiro de paisaxe do Pedroso".
MEDIO AMBIENTE
Compostela súmase este sábado á "Hora do Planeta" cun apagón nos edificios municipais
O Concello de Santiago, a través da Concellaría de Medio Ambiente, súmase este sábado, 25 de marzo, á "Hora do Planeta", unha iniciativa de concienciación ambiental que se celebra sempre o último sábado do mes de marzo. Entre as 20:30 e as 21:30 h, os edificios municipais apagarán as súas luces.
OBRAS
O Concello presentará á veciñanza o vindeiro luns a segunda fase da reurbanización de Castrón Douro
O concelleiro de Obras, Gonzalo Muíños e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, confían en poder "sacar adiante" a nova proposta para acometer a segunda fase entre Castrón Douro e Sar por un importe estimado de 858.303,81 euros (IVE incluído). Con esta obra dáselle continuidade á renovación acometida na Fase I da intervención, que supuxo a mellora do firme e canalizacións de Castrón Douro e Patio de Madres.
MEDIO AMBIENTE
Continúan as reunións entre o Concello e as asociacións de hostalería para facer seguimento do servizo de recollida de residuos na cidade histórica
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro; e técnicos municipais e de Urbaser mantiveron esta mañá unha nova xuntanza coas asociacións de hostalería para tratar o sistema de recollida de residuos ‘porta a porta’, a primeira logo dos axustes introducidos hai cinco días.
ACCIÓN CULTURAL
De Lugares e Órganos volve en Semana Santa con concertos e actividades arredor dos órganos de Compostela
O ciclo, organizado pola Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago terá lugar, na súa oitava edición, entre o 31 de marzo e o 8 de abril. Concertos, espazos de conversa, un itinerario musical e unha proxección con música ao vivo na sala NUMAX conforman a programación desta edición
TURISMO
Nace "Sendas de Santiago" para consolidar a cidade como destino familiar e de natureza
Turismo de Santiago deseña un catálogo de oito sendas naturais para facer andando desde a cidade e poñer en valor turístico o inmenso patrimonio natural de Compostela.