POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello súmase á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano

10/04/2023

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, acompañados por Eva Vera, directora territorial do FSG Galicia, e representantes dos demais grupos municipais, participaron esta mañá no acto de conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano, que tivo lugar o pasado 8 de abril. Durante o acto deuse lectura a un manifesto e tamén se levou a cabo a Cerimonia do río e o canto do himno Gelem, Gelem, símbolos deste colectivo.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno local dá luz verde á memoria programática e económica do Certame de Teatro Intercentros 2023

10/04/2023

A Xunta de Goberno Local aprobou a memoria programática e económica por importe de 9.021,68 euros, do "XXVII Certame de Teatro Intercentros 2023". Trátase dun programa da Concellaría de Educación, destinado a alumnado de primaria e secundaria da comarca de Santiago, que coincide no tempo co curso escolar. De outubro a abril prepáranse as distintas obras, que se presentan ao público no mes de maio.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Aprobado o proxecto de regulamento do Consello Municipal da cidade histórica

10/04/2023

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o proxecto de Regulamento do Consello Municipal da Cidade Histórica. Dito Consello é un órgano colexiado de participación para a consulta, asesoramento, proposta e seguimento das accións encamiñadas á conservación patrimonial, promoción e representación dos intereses colectivos das persoas que residen na zona vella.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O Delas Fest celebra o seu quinto aniversario cunha programación estendida ata o mes de setembro

05/04/2023

As artistas urbanas Eloise Gillow, Amaia Arrazola, Julieta XLF e Doa Oa serán as encargadas de realizar os catro novos murais do festival feminista de arte urbana e contextual que, nesta edición especial, contará con obradoiros para familias, roteiros, coloquios e proxeccións, entre outras actividades. Nos meses de xuño e xullo, o Delas Fest concentrará a súa actividade en Compostela, cunha xuntanza entre as artistas convidadas e a veciñanza, un roteiro feminista de arte urbana e celebración do FAMILIA DELAS FEST!

Leer más

MEDIO AMBIENTE

O Monte Viso acolle unha plantación de especies autóctonas impulsada pola Sociedade Española de Reumatoloxía

04/04/2023

A pasada fin de semana levouse a cabo a plantación de 500 novas unidades de especies autóctonas na zona do aparcadoiro-área de recepción da aba do Monte Viso. Nesta ocasión a plantación realizouse con "bolas de sementes", unha técnica coñecida como "Nendo Dango" que foi desenvolvida en Xapón nos anos 60 do pasado século, e coa que se pretende acadar a rexeneración ecosistémica da zona.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Goberno municipal aproba o anteproxecto e estudo de viabilidade do complexo deportivo de Santa Marta

03/04/2023

O Goberno municipal aprobou hoxe, inicialmente, o estudo de viabilidade económica-financeira e o anteproxecto como actuacións preparatorias do expediente de concesión de servizo (e máis a obra) de explotación do complexo deportivo no barrio de Santa Marta. Agora, tal e como explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, ambos proxectos vanse someter a información pública polo prazo dun mes, antes de saír a licitación. Segundo sinalou, o complexo tería capacidade para 5.000 persoas.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno licita o servizo de limpeza de parcelas e viarios municipais e adxudica os postos de venda de artesanía

03/04/2023

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe o expediente de contratación do "Servizo para a execución de diversas operacións de desbroza, limpeza e mantemento de marxes e drenaxes de viarios, carreiros fluviais e parcelas municipais do termo municipal de Santiago de Compostela (2023-2025)" que sae a licitación por 790.000 euros repartidos nas seguintes anualidades: 200.800 en 2023, 395.000 en 2024 e 194.200 euros en 2025. O actual contrato, finaliza a finais de xullo deste ano.

Leer más
Compartir: