MOBILIDADE
Este xoves entran en vigor os horarios de inverno 2022-2023 no transporte urbano
A partir do xoves 8 de setembro, ponse en marcha a tempada de inverno nos horarios do servizo de transporte urbano da cidade.
TURISMO
Santiago participa por primeira vez na feira de turismo de luxo de Singapur
No marco da LTM Asia Pacific, Turismo de Santiago manterá máis de 60 reunións con profesionais do turismo de luxo de toda a zona de Asia Pacífico interesados en Santiago. Esta feira, que reúne as principais empresas e profesionais do sector deste espazo xeográfico, estase a celebrar en Singapur desde onte ata o 8 de setembro.
URBANISMO
Modificación puntual do título III do PXOM: regulación de usos
O Pleno da Corporación aprobou o pasado 12 de marzo de 2021 de forma inicial a modificación puntual do título III do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), co obxectivo de preservar a función residencial da cidade, e, ao mesmo tempo, garantir a dotación daqueles usos e actividades complementarias que proporcionan servizo á poboación residente.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Conxo celebra dende este martes a XXXV edición da súa Semana Cultural
O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, presentou a edición número 35 da Semana Cultural de Conxo, que se celebra dende este martes 6 ata o sábado 10 de setembro. Xogos, obradoiros, charlas, teatro, música e moito máis para un evento lúdico e de encontro plenamente consolidado na oferta sociocultural de Compostela.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba os convenios de colaboración con tres asociacións comerciais para o financiamento de bonos-aparcadoiro por un total de 99.000 euros
A Xunta de Goberno Local, na primeira reunión ordinaria de setembro, aprobou tres convenios de colaboración coas asociacións comerciais Compostela Monumental, Santiago Centro e Punto Compostela, por un importe total de 99.000 euros, co obxecto de subvencionar a entrega de bonos de aparcadoiro á clientela e dinamizar así o sector. Nesta mesma sesión aprobáronse as bases da convocatoria de subvencións a festas patronais e deuse inicio ao expediente para a contratación do servizo de roza e limpeza de parcelas municipais no...
TURISMO
Santiago promocionarase co lema "Cultura e Patrimonio" a través do Monbus Obradoiro
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, explicou esta mañá as liñas principais do convenio entre Turismo de Santiago e o Clube de Baloncesto Monbus Obradoiro, que ten por obxectivo que o equipo promocione a cidade como destino turístico ao longo da tempada 2022-2023 nunha rolda de prensa que se celebrou no Pazo de Raxoi.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Unha exposición fotográfica no barrio de Cornes dá a coñecer a profesión das redeiras
A Casa das Asociacións de Cornes acollerá ata o 16 de setembro a mostra "Redeiras, unha profesión con historia" co obxectivo de dar a coñecer de primeira man as características e os detalles desta tradicional profesión. O acto de inauguración tivo lugar esta mañá e contou coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o concellleiro de CSC, Javier Fernández; e a presidenta da Federación Galega de Redeiras...
ACCIÓN CULTURAL
Este sábado, 3 de setembro, arranca o festival "Agustín Magán" de teatro afeccionado, no que colabora o Concello de Santiago
Esta mañá presentouse a XXII edición do Festival Agustín Magán, que se desenvolverá entre o 2 e o 23 de setembro no Teatro Principal, no Salón Teatro, na Sala Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta. O evento está organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado, FEGATEA, e conta co apoio do Concello de Santiago.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O 5 de setembro ábrese o prazo de preinscrición nas actividades programadas pola rede de centros socioculturais para a temporada setembro-decembro 2022
A rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago programou, para esta nova tempada de setembro a decembro, 394 actividadades repartidas polos 45 centros que existen tanto na zona urbana como no rural. Son, en total, 3.967 prazas para unha proposta programática acorde coa demanda da veciñanza, que ten como obxectivos estimular a vida comunitaria e a participación social. A apertura do prazo de preinscrición para participar nas actividades do último trimestre do ano, comeza o luns, día 5 e remata o 20 de setembro.