XUVENTUDE
Últimas horas para a presentación de propostas no proceso dos Orzamentos Participativos de Xuventude
Mañá, 15 de febreiro, ás 14.00 horas péchase o prazo para a presentación de propostas no proceso de Orzamentos Participativos na área de Xuventude. Calquera persoa, sen límite de idade, pode formular as súas iniciativas, se ben só os mozos e mozas de entre 16 e 30 anos poderán votar para elixir as gañadoras. A día de hoxe, xa son máis dun cento as propostas validadas no proceso, no que se decide o destino de 100.000 euros do presuposto para actividades da área de Mocidade.
ALCALDÍA
Bota a andar a Comisión de seguimento do Protocolo de colaboración entre o Concello e a USC
Esta mañá quedou constituída a comisión interinstitucional que fará un seguimento trimestral dos avances nos diferentes ámbitos de actuación establecidos no Protocolo de colaboración asinado polo Concello e a Universidade de Santiago. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e o reitor da USC, Antonio López, presidiron esta primeira xuntanza formal na que se marcaron as prioridades para os próximos meses e se deu luz verde á creación de grupos de traballo que avanzarán en cuestións concretas...
CAPITAL CULTURAL
A poesía do clown e a revisión dos clásicos centran esta semana a axenda escénica de Compostela Cultura
Isolada de Natalia Outeiro "Pajarito", Iphixenia na porta do súper da Compañía Humana e La vida es sueño de La Zona e a Compañía Nacional de Teatro Clásico chegan de xoves a sábado ao Teatro Principal e ao Auditorio de Galicia.
LINGUA
A gala dos Premios Youtubeiras reivindicará o galego como fogar integrador e diverso para a comunidade creadora de contidos na Rede
Un total de 18 finalistas aspiran a gañar nas oito categorías nas que se dividen os galardóns nunha gala que se celebrará no Teatro Principal de Santiago baixo a presentación de Nuria Vil e Gabri Fuentes e coa actuación musical de Mondra. A gala terá lugar este sábado 17 ás 20.00 horas e será de acceso gratuíto. Para asistir como público, cómpre retirar previamente os convites na Zona C no seu horario habitual ou no despacho de billetes do Teatro Principal dende unha hora antes do inicio da gala.
MOBILIDADE E CONVIVENCIA
Últimos días para aboar a taxa anual das tarxetas de municipio
Este venres, 16 de febreiro, será o último día para aboar a taxa anual correspondente ás tarxetas de aparcamento para todos os residentes que xa posúan unha.
TURISMO
Santiago(é)Tapas repartirá máis de 200 agasallos para o público que complete algunha ruta
O concurso de tapas Compostela, organizado por Turismo de Santiago, comeza este xoves con 40 locais participantes, que ofrecerán 61 tapas ata o vindeiro 3 de marzo.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica o contrato para a redacción do proxecto das obras de rehabilitación do complexo deportivo de Santa Isabel
As obras de rehabilitación integral do polideportivo de Santa Isabel, confinanciadas con Fondos NextGeneration, contan cun orzamento global de preto de 3 millóns de euros e permitirán mellorar a eficiencia enerxética, a sustentabilidade, a accesibilidade, a habitabilidade, a seguridade e a conservación do complexo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A mocidade compostelá desempregada formarase en Márketing Dixital e Cooperativismo da man da Fundación Paideia e a Concellaría de Promoción Económica
Santiago será unha das catro cidades do Estado que acollan o programa de formación de Marketing dixital e Cooperativismo organizado pola Fundación Paideia Galiza e a Escuela de Organización Industrial, grazas á colaboración da Concellaría de Promoción Económica. A actividade, dirixida a mozos e mozas de entre 16 e 29 anos e totalmente de balde, desenvolveráse no Cersia ata o mes de xullo. A concelleira María Rozas presentou hoxe o programa formativo, nunha rolda de prensa na que a Fundación Paideia estivo...
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
Chega ao Teatro Principal "Aquí nunca pasa nada", unha obra que fai "xustiza poética en escena coas vítimas da trata"
O Teatro Principal acolle esta tarde a representación da obra "Aquí nunca pasa nada", inspirada no Caso Carioca que chega a Santiago grazas á colaboración entre a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais e a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas. A concelleira María Rozas presentou a montaxe, "que trata de crear conciencia a través das artes escénicas, lembrar o que aconteceu coa maior operación contra a trata que se desenvolveu en España, e poñer o foco en realidades que seguen...
ALCALDÍA
Dúas novas sentenzas achegan o Espazo Apego, antigo local sindical, á titularidade municipal
Estas novas decisións xudiciais achegan o equipamento municipal situado no corazón do Ensanche ao final do litixio para clarificar a titularidade do inmoble. Este foi un dos asuntos que destacou a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, nunha rolda de prensa na que tamén anunciou a recepción da proposta de convenio por parte da Xunta ao respecto da mobilidade na contorna do CHUS e se congratulou pola aprobación dos Orzamentos municipais para 2024.