PLENO
Visto bo inicial do Pleno á modificación da Ordenanza da ORA e do guindastre
O Pleno da Corporación acordou hoxe a aprobación inicial da modificación da Ordenanza do sistema de ordenación e regulación do servizo da ORA e do aparcamento de residentes. Foi cos votos a favor de Compostela Aberta e a abstención dos tres grupos da oposición. As dúas emendas ao texto que foran presentadas polo PP quedaron rexeitadas.
TURISMO
Ábrese o prazo para inscribirse na Festa Gastronómica das Uñas de San Lázaro
A Asociación Hostalaría Compostela vén de convocar aos establecementos interesados a que se inscriban para participar na promoción gratuíta da Festa Gastronómica das Uñas de San Lázaro, que se organiza conxuntamente dende Turismo de Santiago e a propia Asociación dende os últimos anos co obxectivo de poñer en valor este prato tradicional non só nos locais do barrio de San Lázaro senón de todo o concello.
PLENO
A Corporación aproba unha declaración institucional para esixir a creación dun novo Xulgado do Social en Santiago de Compostela
O Pleno da Corporación aprobou unha declaración institucional en resposta á decisión do Goberno do Estado, coñecida hoxe mesmo, de non crear un novo Xulgado do Social en Santiago. O texto acordado polos catro grupos municipais rexeita ese posicionamento e esixe a súa revogación.
MOCIDADE
A cantante galega Miriam Rodríguez visitou os/as participantes do grupo de coro do "Compostela Actúa"
Os mozos e as mozas integrantes do coro pertencente a actividade Compostela Actúa recibiron esta tarde, da man de Cadena Dial, a visita da cantante eumesa Miriam Rodríguez, que participou na edición de 2017 do programa Operación Triunfo. A cantante está a pasar uns días en Galicia promocionando o seu primeiro traballo, Cicatrices, que tivo a ocasión de interpretar tamén o pasado venres na Sala Capitol.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia achega aos nenos e nenas o espectáculo "Pangea" xunto ao poliinstrumentista Abraham Cupeiro
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos didácticos dirixidos a estudantes, en particular de ESO e Bacharelato, o xoves 21 e o venres 22, ás 11:00 horas no Auditorio de Galicia. E o sábado, ás 18:30 horas, repetirase a actuación para o público infantil e familiar dentro do ciclo Descubre unha orquestra para ti, a túa!, que busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos.
ALCALDÍA E MEDIO AMBIENTE
Compostela suma 38 hortas urbanas a disposición da veciñanza en Santa Marta
Compostela suma xa 240 hortas urbanas a disposición da veciñanza, tras o acondicionamento de 38 novas parcelas no barrio de Santa Marta. O alcalde, Martiño Noriega, a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitaron hoxe o espazo, no que se investiron preto de 30.000 euros procedentes dos Orzamentos Participativos Compostela Decide. A proposta seleccionada requiría o acondicionamento de hortas urbanas para a veciñanza de Santa Marta-Volta do Castro-Conxo.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Consello Municipal de Saúde aproba o Plan Municipal de Atención Integral ás Persoas en Situación de Senfogarismo
O Consello Municipal de Saúde vén de aprobar o Plan Municipal de Atención Integral ás Persoas en Situación de Senfogarismo de Santiago. Este documento supón o primeiro plan destas características elaborado por unha administración local de Galicia para fixar formalmente unha folla de ruta na prevención e abordaxe das diferentes situacións e circunstancias que condicionan a aparición ou o mantemento do senfogarismo. O Plan tamén se someterá aprobación ta da Xunta de Goberno e do Pleno da...
MEDIO AMBIENTE
Santiago exporta o proxecto Tropa Verde á cidade portuguesa de Guimaraes
O proxecto Tropa Verde bota a andar na cidade de Guimaraes, no marco do programa europeo URBACT de intercambio e aprendizaxe para o desenvolvemento urbano sostible e integrado. Nestes días estanse a celebrar na cidade portuguesa as primeiras sesións de traballo da rede de transferencia liderada por Santiago.
ALCALDÍA
Santiago celebra o nacemento de Rosalía con música, visitas guiadas e actividades infantís
Santiago vai celebrar o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cun amplo programa de actividades no que participan varias concellerías, coa colaboración da asociación veciñal do Ensanche, Raigame, e da Fundación Rosalía de Castro. A Semana de Rosalía en Compostela vaise prolongar ata o próximo 28 de febreiro, con actividades nas que se implica o tecido hostaleiro e comercial do Ensanche e Conxo, e na que destacan como os concertos de Amancio Prada e Uxía.
FACENDA
O Concello aproba varios modificativos de crédito por importe de preto de tres millóns de euros
O Concello de Santiago vén de aprobar, vía decreto da Concellaría de Facenda, varios modificativos de crédito do orzamento prorrogado que permitirán acometer investimentos importantes para o conxunto do municipio. Destes modificativos deron conta esta mañá o concelleiro de Facenda accidental, Xan Duro, e o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Reequilibrio Territorial, Rafael Peña.