FESTAS
O Ciclo de Cine ao Aire Libre proxectará 12 filmes no parque de Eugenio Granell do 26 ao 31 de xullo
Unha das propostas novidosas desta edición das festas do Apóstolo, especialmente demandada nestes tempos de pandemia é o Ciclo de Cine ao Aire Libre que se celebrará do 26 ao 31 de xullo no parque de Eugenio Granell. Proxectaranse 12 filmes en sesión dobre, ás 19:00 e ás 22:00 horas. As reservas están xa esgotadas.
CONSORCIO
O Consorcio substituirá a cuberta do Palacio de Congresos por un importe global de 1.623.090 € e as do Pazo de Raxoi por 941.048 €
Como vén sendo tradición cada 24 de xullo, coincidindo coa noite do Apóstolo, o Consorcio de Santiago celebrou na tarde deste venres a súa Comisión Executiva e o seu Consello de Administración. Ambas xuntanzas estiveron presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo. Ademais, asistiron a subsecretaria do Ministerio de Facenda, María del Pilar Paneque Sosa; e o subsecretario do Ministerio de Fomento, Jesús Manuel Gómez García. Por parte da Xunta de...
FESTAS
As seis localizacións e a variedade de efectos e cores dos fogos crearon unha fermosa postal nocturna de Compostela
O espectáculo pirotécnico dos fogos do Apóstolo, que nesta edición tivo seis localizacións, deixou unha singular e fermosa postal nocturna de Santiago de Compostela. A variedade de efectos e cores dos fogos artificiais e os diferentes escenarios de fondo lograron crear atractivas estampas que moitos/as composteláns/ás puideron captar dende os seus propios fogares.
FESTAS E SEGURIDADE CIDADÁ
Seguridade nas festas do Apóstolo e recomendacións (24 e 25 de xullo)
Por motivos de seguridade, restrinxirase o acceso á praza do Obradoiro na mañá do 25 de xullo, durante os actos da Ofrenda ao Apóstolo, así como á igrexa de San Martiño Pinario (aproximadamente entre 10:00 e as 14.00 horas). Acoutarase un espazo para o público ao que se poderá acceder, pola rúa de Fonseca, ata que se complete o aforo permitido. En todo caso, non se poderá entrar con bolsos ou mochilas de gran tamaño. As rúas da zona vella polas que transcorra a comitiva ata chegar á igrexa de San...
TURISMO
"Santiago de Compostela. A túa historia", nova campaña de promoción turística da cidade
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, presentou a nova campaña de promoción turística da cidade "Santiago de Compostela. A túa historia", que ten por obxectivo reactivar a demanda turística da cidade o antes posible no complexo contexto da Covid-19. O edil estivo acompañdo pola xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
"Vive o verán" programa unha observación astronómica dende a terraza do CSC da Trisca
Continúan a desenvolverse as actividades do programa Vive o verán nos centros socioculturais. Unha das próximas propostas é a observación astronómica que se celebrará o martes 28 xullo, a partir das 22:30 horas, dende a terraza do Centro Sociocultural da Trisca, coa colaboración do Club de Astronomía Vega.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato dunha muller en Palma de Mallorca, vítima da violencia machista.
ALCALDÍA
O alcalde expresa a súa "solidariedade" coas familias das vítimas do Alvia 04155 e coa súa busca de "verdade, xustiza e reparación"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este xoves cunha representación da Asociación Plataforma Vítimas Alvia 04155. Sete anos despois, a Asociación segue a reclamar unha investigación técnica independente do accidente ferroviario.
FESTAS
Variedade de efectos e cores para uns fogos do Apóstolo que deixarán unha atractiva postal da cidade este 24 de xullo
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, e o director da Pirotecnia Zaragozana, Miguel Pérez, presentaron o espectáculo pirotécnico dos fogos do Apóstolo, que arrincará ás 23:30 horas deste venres 24 de xullo. Os fogos lanzaranse nesta ocasión dende oito puntos da cidade: Santa Susana (Alameda), Cidade da Cultura, parque Carlomagno (Fontiñas), parque Luis Pasín (Conxo), Granxa do Xesto (Pedroso), A Almáciga, parque Eugenio Granell e Monte de Deus (Vite).
FESTAS
As rúas de Compostela engalonáronse un Apóstolo máis co traxe galego
As festas do Apóstolo acolleron este xoves a XLI edición do Día do Traxe Galego, cun desfile polas rúas de Compostela no que participou o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, e outros integrantes da Corporación. Logo, unha pequena representación da comitiva foi recibida polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, no Pazo de Raxoi.