ALCALDÍA E DEPORTE
O alcalde reivindica a figura de Vero Boquete na súa visita ao Campus de Nadal que dirixe a futbolista
O alcalde, Martiño Noriega, visitou esta mañá o campo de fútbol de Santa Isabel, onde se está a desenvolver a primeira xornada do Campus de Fútbol Vero Boquete. O rexedor e máis a concelleira de Deportes, Noa Morales, puideron felicitar á futbolista compostelá por esta iniciativa, que vai xa pola súa sétima edición, e na que este ano o Concello quixo implicarse especialmente.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar os dous últimos asasinatos machistas, que deixaron este pasado sábado unha vítima en Benicassim (Castellón) e outra este luns en Sant Adrià de Besòs (Barcelona).
DEPORTES
Santa Isabel acolle o Campionato Galego de Inverno de Natación
Dende mañá xoves e ata o sábado 30 de decembro, a piscina municipal de Santa Isabel acolle o Campionato Galego Absoluto de Natación de Inverno 2017. Máis de 300 nadadores e nadadoras competirán en sesións de mañá e tarde nunha proba cuxos detalles presentaron en rolda de prensa a concelleira de Deporte, Noa Morales, o director técnico do Club de Natación Cidade de Santiago, José A. Rioseco, e o secretario xeral da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera.
CULTURA
A Banda Municipal e a Escolanía da Catedral ofrecen este xoves un concerto especial de Nadal
A concelleira de Cultura, Branca Novoneyra, xunto co director da Banda Municipal, Casiano Mouriño, e o director do Coro da Escolanía da Catedral, José Luis Vázquez, presentaron o concerto de Nadal que se celebrará na Catedral mañá xoves, 28 de decembro, ás 21:00 horas. A entrada ao concerto é de balde ata completar aforo.
LINGUA
A Festa do Apego encherá o Auditorio de música, danza e contos en galego
Os nenos e nenas de ata seis anos serán os protagonistas da programación municipal de Nadal o próximo sábado, 30 de decembro. A eles e elas está dirixida a Festa do Apego, que se vai celebrar no Auditorio de Galicia dende as doce do mediodía ata as sete da tarde. O alcalde foi hoxe o encargado de presentar as actividades, que "que seguen a filosofía do programa Apego, do que Santiago forma parte xunto con outros 30 concellos galegos, e que cremos que é un espazo a reivindicar".
NADAL
Máis variedade que nunca na programación de Nadal deste xoves 28
O xoves 28 de decembro chega cunha programación de actividades de Nadal moi ampla e variada. O Coro Encaixe, a Gala dos Pallasos en Rebeldía, o Mercado de Salgueiriños e o Concerto de Nadal da Banda Municipal de Música e a Escolanía da Catedral de Santiago marcan o calendario da xornada.
DEPORTES
Compostela acolle este domingo o Campionato de Galicia de Ciclocross
Os arredores do Estadio de San Lázaro serán o escenario do circuíto onde se dispute na mañá deste domingo, 31 de decembro, o Campionato de Galicia de Ciclocross. A inscrición aínda segue aberta ata o xoves para unha proba que, á vista das previsións meteorolóxicas, promete espectáculo. Os detalles da carreira foron ofrecidos nunha rolda de prensa na que participaron a concelleira de Deporte, Noa Morales; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e o presidente do Club Ciclista...
ADMINISTRACIÓN
A Xunta de Goberno Local aproba a creación de 44 novos postos de traballo
A Xunta de Goberno vén de darlle luz verde á Oferta Pública de Emprego do 2017, que inclúe a creación de 44 postos de traballo e a convocatoria de dúas prazas de promoción interna para uxieres. O Concello continúa así dotando de recursos humanos á Administración local, a pesar das restricións marcadas polo Goberno central coa taxa de reposición.
NADAL
Música en directo con TT Syndicate e fogos artificiais para despedir o ano
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, deu conta dos detalles da festa de fin de ano, que arrancará o domingo 31 ás 23:15 horas. Haberá reparto de uvas e bolsas de cotillón para as 1.000 persoas que se acheguen á praza do Obradoiro para vivir unha festa á que porá música a formación portuguesa TT Syndicate. Despois das badaladas haberá unha sesión de fogos artificiais.
ESPAZOS CIDADÁNS
A aprobación dos estudos de detalle abre a porta á solicitude de axudas nas ARIS de Vite e Pontepedriña
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade presentou hoxe os estudos de detalle das Áreas de Rehabilitación Integral de Vite e Pontepedriña, que foron aprobados de forma inicial na Xunta de Goberno do pasado venres. Trátase dos documentos que establecen os criterios de intervención para a instalación de ascensores, así como para outras actuacións que busquen mellorar tanto as condicións de accesibilidade dos edificios como a eficiencia enerxética. Os estudos de detalle, catro de Vite e...