XUNTA DE GOBERNO
O Concello de Santiago presentará o proxecto SMARTiAuGA ás axudas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para mellorar a xestión da auga no municipio
A Xunta de Goberno local deu luz verde á participación do Concello de Santiago na segunda convocatoria de subvencións lanzada polo PERTE de dixitalización do ciclo da agua dentro do Plan de Resiliencia, co proxecto "Xestión intelixente do ciclo urbano da auga de Santiago de Compostela - SMARTiAuGA". Este proxecto, que conta cun orzamento de preto de 4 millón de euros, permitirá a modernización e a mellora da eficiencia na xestión da auga no municipio.
RELACIÓNS VECIÑAIS
Ábrese o prazo de inscrición para o concurso de decoración de Nadal en vivendas particulares
Todas aquelas persoas interesadas en participar poderán inscribirse desde mañá e ata o día 19 de decembro no Concurso de Decoración de Nadal Veciñal que premiará ás mellores composición decorativas en fachadas, balcóns e xardíns de vivendas particulares do Concello. As catro mellores propostas recibirán un premio de 500 euros cada unha.