XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica as obras de reforma do pavillón de Vite por 1,2 millóns de euros
O executivo local adxudicou hoxe a obra da reforma integral do pavillón municipal de Vite, cofinanciada polos Fondos NextGeneration, por un total de 1.209.712,72 euros á empresa Prace, Servicios y Obras SA. Deste e doutros asuntos aprobados en Xunta de Goberno deu conta en rolda de prensa a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno impón unha sanción de 20.000 euros á empresa que xestiona o Servizo de Axuda no Fogar por incumprimentos graves
A Xunta de Goberno acordou hoxe impoñerlle unha sanción de 20.000 euros á empresa Servisar, concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar, por incumprimento moi grave na execución do contrato.
ALCALDÍA
A alcaldesa mantén unha reunión co Foro Cívico para informar dos avances do acordo subscrito coas entidades
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou nun encontro co Foro Cívico de Santiago de Compostela, que integra diversas entidades e colectivos profesionais, onde explicou as liñas do traballo do Goberno local para impulsar proxectos ambiciosos que repercutan na calidade de vida da veciñanza, co compromiso de recuperar o orgullo compostelán, defender os sinais de identidade e facer valer a condición de capital de Galicia.