XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica as obras do espazo cuberto de usos múltiples para o barrio de Santa Marta-Choupana
A Xunta de Goberno local deu luz verde á adxudicación das obras para dotar ao barrio de Santa Marta-Choupana dun espazo cuberto de usos múltiples, por importe de algo máis de 122.000 euros, así como ao convenio coa USC para o financiamento do programa de atención bucodental a persoas en risco de exclusión social, segundo informou en rolda o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.
ALCALDÍA
Recepción a un grupo de nenos e nenas que participan no Verán CampUSC
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe a unha vintena de nenos e nenas que participan no Verán CampUSC. Un programa organizado pola Universidade de Santiago, no que colabora o Concello a través do departamento de Igualdade, e que ten como obxectivo favorecer a conciliación entre a vida laboral e familiar tanto da comunidade universitaria da USC coma do público xeral durante o período das vacacións escolares.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Sánchez Bugallo recibe ao novo capitán da Garda Civil, José Antonio Rivero Zobra
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá o novo capitán da Garda Civil de Santiago, José Antonio Rivero Zobra, que substitúe a Luis Nicolas Arroyo. No encontro acompañounos o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
A rede Atlantic Cities, da que forma parte Santiago, insiste na necesidade de priorizar o transporte e as comunicacións no corredor atlántico para favorecer o seu desenvolvemento
O concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, asistiu hoxe á Asemblea Xeral de Atlantic Cities, que se celebrou en Viana do Castelo, a cidade que lidera a rede dende o ano 2015. No encontro, presidido polo alcalde desta localidade lusa, José María Costa, escolleuse o novo presidente da entidade, Eneko Goia Laso, rexedor de Donostia/San Sebastián. A xornada pechou coa "Declaración de Viana do Castelo", no que as cidades participantes lembran ás autoridades europeas a necesidade de facer do corredor atlántico un...