XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local acorda o inicio da tramitación do Plan parcial do SUND-4 de Rebordaos
A Xunta de Goberno Local acordou hoxe remitir á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a solicitude de inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada do Plan parcial do SUND-4 (Rebordaos), na contorna do polígono do Tambre. Son, segundo explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, máis de 164.000 metros cadrados, dos que uns 5.000 serán para equipamentos, e 113.000 para zonas verdes e "espazos libres".
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Torrevieja (Alacante), vítima de violencia machista.
TURISMO
Turismo de Santiago amosa a cidade a un grupo de profesionais MICE internacionais
A entidade de promoción turística municipal amosou a cidade a axentes e organizadores de viaxes corporativos e de incentivo procedentes de Italia, Francia, Reino Unido e Noruega.