ALCALDÍA
Ampliado o servizo de bonotaxi para atender as persoas con dificultades de desprazamento
Continuando co paquete de medidas postas en marcha polo Concello para paliar os efectos da crise sanitaria do Covid-19, o alcalde anunciou a ampliación a partir do luns do servizo de bonotaxi, co fin de atender as persoas con especiais dificultades de desprazamento. Será xestionado polos Servizos Sociais a través do teléfono 010.
ALCALDÍA
Preto de 500 familias xa solicitaron o seu tícket especial de compra
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, indicou que 476 familias xa solicitaron facer uso do ticket especial de compra, o bono posto en marcha polo Concello para que as unidades familiares con máis dificultades poidan adquirir alimentos e produtos básicos nos principais supermercados e tendas de barrio. A solicitude destes tíckets segue aberta a través do teléfono 010.
LECER
O Concello de Santiago agrupa distintas actividades de ocio destinadas á cidadanía baixo o hastag #Compostelaquedanacasa
#Compostelaquedanacasa é o hastag co que o Concello de Santiago agrupa varias actividades recompiladas dende os distintos departamentos co obxectivo de facer máis levadeira a estancia nos fogares durante a crise do COVID19. Na rede existen unha chea de recursos docentes, culturais e deportivos que se están poñendo a disposición das familias e dos nenos e nenas para que o tempo de confinamento se converta en tempo de ocio.
MEDIO AMBIENTE
Santiago de Compostela súmase este sábado á "Hora do Planeta" cun apagón nos edificios municipais
O Concello de Santiago, a través da concellería de Medio Ambiente, súmase mañá, 28 de marzo, á "Hora do Planeta", unha iniciativa de concienciación ambiental que se celebra sempre o último sábado do mes de marzo. Entre as 20:30 e as 21:30 h, os edificios municipais apagarán as súas luces.
ALCALDÍA
Falece Dositeo Rodríguez, concelleiro da Corporación no período 1999-2006
Este venres faleceu no CHUS o ex concelleiro da Corporación Dositeo Rodriguez, vítima do coronavirus. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e toda a Corporación expresan o seu pesar por este falecemento e as condolencias á súa familia.