ACCIÓN CULTURAL
O Goberno local apoia a creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Santiago de Compostela
As concelleiras de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e de Educación, Noa Díaz, reuníronse hoxe con representantes da Plataforma Conservatorio de Danza en Compostela. Durante o encontro, tranmitíronlle o apoio do goberno local de Santiago á posta en marcha dun conservatorio profesional de danza na cidade.
ACCIÓN CULTURAL
Producións Teatrais Excéntricas celebra o seu 15 aniversario con "Medida x Medida", dirixida por Quico Cadaval
Será con dúas funcións este venres 21 e o sábado 22 no Auditorio de Galicia a partir das 20.30 h e ao remate da función do venres, haberá #posfuncion co equipo técnico e artístico e o público. As entradas, a 12€ (cos descontos habituais do 50%) poden mercarse en compostelacultura.gal, no despacho de billetes do Teatro Principal e os días de función no propio Auditorio de Galicia.
ALCALDÍA
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido en Alacante.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu o cónsul xeral de Francia en Bilbao
O encontro tivo lugar esta mañá no Pazo de Raxoi. Tamén asistiu ao mesmo a cónsul honoraria.
ALCALDÍA
Xuntanza co presidente da Comunidade Islámica de Galicia, Samir Sami
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo un encontro esta mañá co presidente da Comunidade Islámica de Galicia e vicepresidente da Unión de Comunidades Islámicas de Galicia, Samir Sami Mátar.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo destaca a importancia Berenguel de Landoria na historia da Compostela medieval
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na inauguración do XI Congreso Internacional de Estudos Xacobeos, dedicado a Berenguel de Landoria, quen foi arcebispo de Santiago entre 1320 e 1330. O rexedor destacou o legado deste relixioso dominico na historia da cidade. El encargou copias do Códice Calixtinus, fortificou o Castelo da Rocha e tamén preparou a fundación do mosteiro de Belvís. Por todo isto, "e pola transcendencia que tivo o seu arcebispado na historia de Santiago, pensamos que é...
DEPORTES
A IV Gala do Deporte celebra os éxitos dos deportistas composteláns
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, pechou a IV Gala do Deporte de Santiago. Premios Santiago Deporte 2019, celebrada no Auditorio de Galicia. No seu discurso, o rexedor destacou o esforzo e mérito dos deportistas e institucións premiadas. Engadiu que é unha moi útil na educación, xa que, entre outros valores, "fomenta a disciplina, o respecto polo adversario e a superación persoal".