DEPORTES E SEGURIDADE CIDADÁ
Máis de 130 pilotos participarán este venres e sábado na XXVII edición do Rally Botafumeiro
O venres 9 e o sábado 10 de agosto, a comarca de Santiago acolle a XXVII edición do Rally Botafumeiro, organizado pola Escudería Compostela. 134 pilotos daranse cita nesta proba, decisiva para o Campionato de Galicia de Rally, que contará cunha primeira etapa especial no ámbito de San Lázaro. A cerimonia de saída terá lugar no Campus Vida.
ALCALDÍA
Compromiso do Ministerio para a Transición Ecolóxica de realizar os trámites necesarios para o inicio das obras da EDAR da Silvouta a principios de 2022
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse hoxe en Madrid co secretario de Estado de Medio Ambiente en funcións, Hugo Morán. O compromiso do organismo, sinalou o rexedor, é realizar "todos os trámites necesarios para que as obras da EDAR da Silvouta poidan comezar a principios do 2022" e poder así aproveitar os fondos europeos concedidos nesta etapa.
ACCIÓN CULTURAL
"Y ahora qué?", da compañía Punto Cero, na Quintana
Chega a Compostela o espectáculo circense Y ahora qué?, da compañía Punto Cero, que levou o premio do público no Festival Artescena 2017. Será este xoves, ás 19:30 horas, na praza da Quintana. En caso de choiva, a actuación será no Teatro Principal. Entrada de balde e para todos os públicos.