PARQUES E XARDÍNS
O Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns organiza varias actividades durante o verán
O Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela (CIPX) acolle durante o verán unha serie de actividades dirixidas a todo tipo de público e idades, de luns a venres a partir das 11:00 horas.
EDUCACIÓN
Noa Díaz visitou os nenos e nenas que participan no Programa Municipal de Conciliación de Verán
A concelleira de Educación, Noa Díaz, visitou esta mañá no CEIP Monte dos Postes os/as participantes no Programa Municipal de Conciliación "Escolas de Verán 2019". Son un total de 215 nenos e nenas, repartidos entre este centro e o CEIP Vite I. Díaz sinalou que "é importante que o Concello favoreza actividades de este tipo porque axudan na conciliación laboral, persoal e familiar".
FESTAS
O Día do Traxe Galego cumpre 40 edicións de posta en valor da indumentaria tradicional e da nosa cultura
O Día do Traxe Galego alcanzará a súa edición número 40 nestas festas do Apóstolo 2019. Con tal motivo, a Asociación do Traxe Galego preparou unha edición moi especial, que se celebrará o vindeiro 20 de xullo, data na que non faltará o tradicional certame e o desfile polas rúas de Compostela.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este luns en Salas de los Infantes (Burgos).
CONSORCIO
O Consorcio presenta "Imaxinando Compostela", o proxecto expositivo que se desenvolverá entre 2019 e 2021 co fenómeno xacobeo como fío condutor
O Consorcio de Santiago deseñou o proxecto Imaxinando Compostela, unha serie de exposicións que se desenvolverán en diversos puntos da cidade no período 2019-2021 e vinculadas ao Xacobeo 2021. Esta proposta cultural tomará forma tanto en espazos interiores como exteriores emblemáticos da cidade, respondendo á función social da arte.