XUNTA DE GOBERNO
Aprobada a convocatoria de incentivos para a contratación do alumnado do obradoiro CREAS
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria deste luns, acordou a aceptación dunha subvención complementaria para o obradoiro de emprego CREAS, actualmente en marcha. Do mesmo xeito, aprobou a convocatoria de axudas para incentivar a contratación dos alumnos/as deste curso unha vez remate.
ALCALDÍA
O alcalde e o presidente da Xunta expresan a vontade de colaboración para "garantir que o Ano Santo 2021 sexa un grande éxito"
A colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia na organización do vindeiro Ano Santo ou a política industrial foron os algúns dos asuntos tratados hoxe na entrevista que mantiveron o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O titular da Xunta comprometeuse a que no ano 2021 estarían rematadas a intermodal, a Cidade da Xustiza, as obras de rehabilitación da Catedral, as infraestruturas da Cidade da Cultura e a integración paisaxística...